Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • Nota de prensa sobre a liña de alta tensión

    PROMESAS E REALIDADES No momento de escribir estas liñas xa pasaron once dias dende que rematou o prazo de presentacions de alegacions ao proxecto de subestación electrica. O proxecto da liña de alta tension segue sen sair a exposición publica, pero xa se coñece porque BEGASA mandou aos seus apoderados polas casas a negociar cos…

  • Baixa o río revolto

    Chove en Ribadeo. E baixa o río revolto. Por unha beira o trazado da liña de alta tensión xa ten levado a acusacións de diverso tipo, e segue, aumentando e apostando por forzar variacións sen ter conta o goberno municipal. Por outra, a avaría da patrullera de Ribadeo, que segue fastidiada despois do intento de…

  • Vivir aquí e Google

    Polo que parece, hoxe, 29 de abril, no programa vivir aquí, aparecerá o tema de ‘ría de Ribambo’ en Google. Ligazón á tv: http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=30/04/2009%2023:22:05&fecha=29/04/2009&arquivo=1&programa=VIVIR%20AQU%CD&id_programa=381

  • Invasión Calvo Sotelo

    A moitos pareceralles unha herexía, pero coido que algo de invasión si que ten. A homenaxe a Calvo Sotelo está a tentar monopolizar a vida ribadense ata despois de celebrado. Chegáronme novas (que naturalmente non poderei confirmar ata a fin de semana) de que mesmo A Comarca vai ser un monográfico adicado ó persoeiro. Os…

  • Sen acceso

    Hai xa máis de dous meses que O Tesón dirixiuse ó concello e á opinión pública lembrando o feito de que non hai baixada dende a autovía, en sentido Asturias, en Vilaframil. Hoxe aparece na prensa, e onte foi comunicado mediante nota de prensa do concello, que está previsto que a cousa siga así durante…

  • Entre unha e outra semana

    Comeza unha semana curta, o un de maio é festivo. Pero unha semana que presaxia diversos eventos. Dende a homenaxe a Calvo Sotelo os días 2 e 3 ata a feira do Queixo, Pan e Viño, dende o día 30 e para o que xa hai instalada no parque unha carpa (imos sumando días, dende…

  • Sobre o bo goberno

    Coido que referente ó goberno de Ribadeo, na última semana se deron a coñecer dous artigos que, se esteña ou non de acordo, paga a pena coñecer nestes tempos que corren. Son istes: 1 e 2.

  • ADEGA LUGO CONVIDARÁ AOS CIDADÁNS DA MARIÑA A PARTICIPAR NUN REFERÉNDUM SIMBÓLICO SOBRE O LITORAL

    Nota de prensa de Adega: Lugo, 23 de abril de 2009.- Adega Lugo e Adega A Mariña celebrarán este domingo, día 26 de abril, o Día da Terra reivindicando a defensa do litoral galego, en xeral, e do lugués, en particular, fronte a proxectos urbanísticos, infraestruturais ou enerxéticos que prexudiquen os valores ambientais, produtivos e…

  • Grândola

    25 de abril. Portugal. Festa nacional. Teriamos algo parello á democracia se Portugal non tivera dado o paso? Despois da iniciativa de El ángel de Olavide, cópiolle poñendo a canción a disposición:

  • Crónica de Atacama

    Onte saín cansado físicamente dunha charla, a que Julio Antolín Rey deu sobre a súa participación en Atacama Crossing, unha das carreiras extremas do circuito mundial. As explicacións de Julio máis o vídeo da carreira presentaron a competición nos seus extremos, por moito que tanto un como o outro falaran e presentaran imaxes dun xeito…