Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • Referencias

    Coido que a moitos lectores lles encantarán estas referencias de ‘vellas revistas’: Triunfo Hermano Lobo Tiempo de Historia Vellas si, pero non por iso desfasadas da pura actualidade. Máis dun tivo as súas primeiras reflexións políticas ou sociais asociadas a estas revistas que enlazaron a época franquista coa democracia.

  • Morte (segundo xénero)

    A viloencia de xénero é o tema das xornadas que se celebran este fin de semana. O díptico da a información necesaria se se amplía como foto a parte. Hoxe por hoxe é unha causa relevante de morte para as mulleres que, coa crise económica, non está diminuíndo. Quizáis non se note moito no número…

  • Control

    Onte, en ‘segue o folclore‘ din nota do último comentario de José Mª sobre o goberno municipal. Hoxe, a primeira nova que leo en ‘La Voz‘ (complementada por outras dúas), lémbrame unha das faltas de actuación do goberno municipal de Ribadeo sobre a que levo insistido moito dende hai tamén moito, o control de ruído…

  • Segue o folclore

    Ise é o título da última entrada do blog ‘Vida político-Social de Ribadeo‘, coido que de lectura a recomendar e para pensar…

  • Fotos de Ribadeo

    Vale, hoxe, postos a citar ós demáis e non facer moito propio, deixo esta ligazón, coñecida para boa parte dos lectores pero que coido que agradará ó resto, a galería de fotos de Ribadeo no Flickr, que nestes momentos supera as 5 000 referencias (cinco mil, si).

  • Informes dede o mar… aínda que non dende o mar de Ribadeo

    Para os amigos do mar e vellos coñecidos do trasporte marino, coido que este sitio (que é de esperar que vaia ampliando prestacións xeográficas ata acadar a nosa zona) lles agradará.

  • Un novo número de ‘Miradas desde la Atalaya”

    Nº 3, Recopilatorio de algunhas citas de Ribadeo en diversos autores, en Publicado en Ribadeo, ou no seu propio sitio.

  • Un par de cousiñas despois da manifestación, en plena crise

    Despois de que pasara a manifestación de onte, chegoume un correo que me lembrou un vello tema: o do soldo dos políticos. Conste que se fixeran o seu traballo, seguramente non estarían tan ben pagados. Pero sempre é unha curiosidade otear os seus soldos en tempo de crise, e aínda que as referencias sexan dun…

  • Hoxe, manifestación

    Onte tivemos en Onda Cero como tema principal a crise do sector lácteo. Como soe suceder, dixéronse unhas cantas cousas, das que non podo reseñar todas, e aínda que sempre dende o apoio ó sector dende diferentes puntos de vista, quedaríame coa reseña de que polo momento non se vislumbra solución, que o sector vai…

  • E agora, os percebes

    Antonte, recollida nos xornais de onte, a nova a nivel provincia foi o peche da planta de Pascual, da que non puiden determinar moi ben a cantidade de litros de leite recollida por contradiccións entre os medios, pero en calquera caso, moita, e que deixa ademáis a 115 persoas como desempleadas, a parte do mazazo…