-
Queimando a Gutenberg
Atopeime este post e un comentario no blog de Enrique Dans, nos que se da conta dunha relación: Pablo Soto e Johannes Gutenberg. A comparación está feita pola invención de facilidades de transmisión de coñecemento. Razona que, dun xeito equivalente ó que lle está a pasar a Pablo Soto, se Gutenberg vivira agora, os copistas…
-
Vaise e veñen
Vaise o Edda Frende camiño de Marín para ser rematado. Sairá entre as 12 e media e a 1 e media do mediodía, coa marea alta (corresponde ás 12:54 no porto de Mirasol, e un pouco antes na ponte dos Santos, escollo a pasar). As características que collín de Gondán do seu irmán xemelgo, o…
-
Anotación
Ó pouco de saír de casa xa me entero: un novo corte de luz esta noite. Curto, pero voltando a fastidiar diversos procesos automatizados, por exemplo. A eso das sete da mañá.
-
Unha pequena frase
Na tele, onte, collida ao voo dunha charla nunha película mala: “Traballo só por cartos” – “Non son os cartos os que me preocupan, senón o ‘só’” En tempo de crise parece todo xustificado polos cartos e só polos cartos, máis aínda que en tempos normais, aínda que o que se chama economía (e en…
-
E onte, pleno ordinario (e III)
Quedaba onte facendo a exposición de preguntas do PSOE en canto ás dúas versións sobre o libro da ría. No entanto, o concello sacou varias notas de prensa sobre algo do que xa levo dito, o libro sobre a ría e a rehabilitación de vivendas para aluguer en Cabanela, e tamén sobre algo que, se…
-
E onte, pleno ordinario (II)
(…) O punto terceiro tivo unanimidade, apuntando UPRi que os criterios de selección foran obxectivos e non suxeitos á subxectividade. A ampliación durante un mes do prazo de exposición do regulamento da agrupación de voluntarios non atopou ningún inconvinte. En canto á intervención do concello no trámite do TSXG para ter un xuíz substituto, acordouse…
-
E onte, pleno ordinario (I)
Esta tempada lévanse varios plenos extraordinarios (lembremos o da concesión de Calvo Sotelo e o de apoio ó sector leiteiro) antes de pasar ó xa tradicionalmente retrasado pleno ordinario, que tivo lugar onte. Nove persoas de público no momento de máxima audiencia e só catro ó final manifestan que excepto temas de interese particular (é…
-
Despois do día de internet
Si, onte foi tamén o día de internet. Mágoa que non se trate de conectar en galicia ambas celebracións. Coido que conviría ás dúas e a Galicia a traverso da xente que a conformamos. Só isa lembranza, e para ter unha mirada externa, unha entrada noutro blog (que cabería matizar, pero coa que en xeral…
-
Un título desafortunado
Onte foi festa por partida dobre: un domingo, e 17 de maio. E non publiquei por isa festa, pero non por iso deixei de recibir estímulos para publicar. Hoxe recollo algún. O primeiro, chocoume que en Ribadeo ninguén se lembrara do cabodano de Hernán Naval (aquí unha ligazón das moitas que ten o…