Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • No medio da campaña para as europeas: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

    Hai xa algún tempo que pasaron, pero hoxe voltei atoparme cos papeis dos números resultantes. No medio da campaña para as europeas, lembro os resultados numéricos na provincia, na comarca, en Ribadeo e en cada unha das mesas do concello. Asemade, en canto a deputados na provincia: PP, 8; PSdeG-PSOE, 5; BNG, 2. Noutro formato…

  • Actividades para hoxe

    Volta ciclista ás comarcas de Lugo. Representación (toda a fin de semana) sobre a invasión francesa de hai douscentos anos. O mar mirado, primeira das exposicións de ‘A memoria do mar’, está na OMIC de Ribadeo (as outras son “Do areal ao peirao” e “Con pés no mar”). Proxecto de dixitalización de fotos familiares do…

  • Conflito leiteiro: media solución

    Comezou a ser recollida xa a leite das gandeirías “Ganadería Cid” e “Veigueiro Sociedad Cooperativa Galega” por parte de Leite Celta. Unha victoria? Esta mesma semana vin unha reportaxe na que o leite era pagado a un gandeiro en Francia a 19cent/L, mentras que aquí a están recollendo a 16cent/L. É dicir, en Francia págana…

  • Doutras cousas, stress menores

    No medio da loita do leite, e cando xa hai abondas informacións contraditorias, fíxome en dous titulares, a análise do stress do millo pola meteoroloxía cambiante (cambio climático) e a ampliación do emisario cervense por mor de non fastidiar a toma das piscifactorías. Cousas pequenas, pero en ambos casos, algo así como se a ecoloxía…

  • Os muíños de vento de Ribadeo

    O título corresponde a unha obriña que fai o nº 7 dos Cadernos de investigación do IES Dionisio Gamallo, coordinada por Emilio Piñeiroa. A referencia da foto do Sigpac corresponde ao muíño conservado na actualidade, situado en Palmeira, Ove, coordenadas 43º 31′ 24,63″ N, 7º 3′ 12,96″ O, perto da vía do ferrocarril. E mentras…

  • Castelán vs galego

    Estes días estou escoitando (máis ben, lendo) diversas cousas en favor do castelán nun interesado conflito idiomático. Entendo que, con variacións, pero básicamente, o que se pide é que se deixen sen protección os idiomas, para que poda haber liberdade. O mesmo principio que en economía levou ó sistema económico que se autotitula único ó…

  • Mos ou o embigo madrileño

    Vexo hoxe na prensa que dúas granxas adicadas ó leite poden pechar en cuestión de días (230 e 107 cabezas, respectivamente). Lembremos: o leite é un produto perecedeiro, e se non se recolle, as vacas pásano mal. Se se recolle e non o venden, a parte de que as vacas seguen a consumir, non hai…

  • Sen estudo de mercado

    Despois dunha fin de semana onde se viu de novo que as novas do leite parecen ser abondo menos importantes que as que afectan ós bancos, ou mesmo á industria do automóbil, atopeime onte con este banco de sentarse, posto polo concello de Ribadeo en Piñeira, que, en primeiro lugar, me pareceu unha imaxe bonita,…

  • Non era o evento. O evento trata do leite

    … ía a publicar un pequeno resume de actividades este fin de semana en Ribadeo cando reparei nun comentario que deixou KnighT no blog, na entrada anterior. Reprodúzoo aquí e ata mañá non publicarei máis. “Os nosos veciños seguen sufrindo co leite. O ultimo caso (hoxe por a mañá o que sufriron veciños de RIBADEO).…

  • O evento

    O evento máis importante de hoxe en Ribadeo quizáis sexa un que non sae na prensa. Non sae porque non foi comunicado públicamente. Refírome á xuntanza da Mesa de Asociacións co alcalde. Facendo un pouco de historia, a Mesa de Asociacións responde a unha convocatoria de O Tesón para reunir a asociacións de Ribadeo e…