Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • sobre as descargas, os piratas e o delito

    Coido que hai abonda intoxicación no tema e un montón de intereses. Por iso as novas como istas necesitan unha difusión ‘boca a boca’: “Descargarse 3.322 películas y un número indeterminado de canciones para uso particular o para intercambiarlas con otros usuarios de Internet sin ánimo de lucro no constituye delito.” O compromiso dunha rede…

  • Concorrido

    Con lama, colmatado, sen ducha, sen socorrista, con auga máis cocha do corrente, pero concorrido. Así é estes días o ‘parque-praia’ dos bloques. Lama, como é xa tradición, pero algo máis, que se vai acumulando de ano en ano. Colmatado, asemade cada vez máis. Sen ducha, porque soen poñerse máis tarde, entre o 15 de…

  • Nota de prensa da EMMDR

    Ribadeo xá conta con unha Orquestra de Cámara. A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo que dirixe Lourenço Cruz, segue presentándonos novos feitos, e desta vez con algo novo en Ribadeo, unha “ORQUESTRA DE CÁMARA”. Esta formación esta formada por alumnos/as do propio centro, e con unha orquestración de cordas e ventos, que…

  • Máis aló da fin de semana

    Continúa a aparecer na prensa, auspiciada polas notas informativas do concello, información relativa ó bicentenario da batalla de Arante e a recreación feita pola asociación coruñesa. Moito máis desapercibido pasou un torneo que no seu sexto ano levou ó Pepe Barrera a abonda xente, levándose o gato á auga os pequenos ribadenses, a pesares de…

  • Algo relacionado

    De cando en cando aínda me chega algún comentario mal encarado sobre os recheos ou a macronave que se pretendía facer en Mirasol. Paso por diante e vexo os montóns co sal? acumulado no último recheo dende hai … seis meses? Non debe chegar aínda, pero non debe faltar moito. Xa mermado na base a…

  • Nota sobre a lectura no blog

    Só unha pequena nota: Recibín un comentario sobre o tamaño da letra usada. Non fixen ningun cambio, que me decatara. A letra pódese ampliar mantendo pulsada “Ctrl” e dándolle a “+” e reducir con “Ctrl” e “-“. Espero que con iso se amañe…

  • Despois da batalla

    A representación desta fin de semana cos franceses como opoñentes lembroume outras batallas que se libran por Ribadeo. Por exemplo, no parque. As tendas que cada pouco invaden os paseos e as súas beiras. As que deixan maltratada a herba que logo hai que coidar, cando non queda tan mal que hai que remover e…

  • Para unha historia do polígono industrial ribadense

    Hoxe descóbrese unha placa polo douscentos cabodano da batalla de Arante (en realidade, xa feitos a finais de xaneiro). Hai regocixo oficial por como está a saír a fin de semana coas novas representacións de batallas e en xeral da época das loitas napoleónicas por parte da asociación napoleónica coruñesa, adicada a facelas. E unha…

  • Operación Lidl: que cadre o círculo (a rotonda)

    Hai xa tempo, poñía nun post a nota correspondente á instalación do Lidl, agora xa inaugurado, e engadía ó final que parecía non haber contrapartidas. Este post é unha corrección: si hai contrapartidas, unha rotonda, aínda que non no mesmo sentido que as achacadas cando a instalación do hiper de Eroski (se non lembro mal,…

  • Turismo

    O Concello aposta polo turismo: un día despois de que fora presentada a nova campaña anual dirixida a que os asturianos veñan en tren ata aquí a pasar a fin de semana no verán, e dous despois da recepción das bandeiras azuis para Os Castros e Illas, e para As Catedrais, sae a noticia de…