Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • Albiscando Ribadeo …

    Como por un furado na parede, enfocando só unha cousa cada vez, inconexa coa outra que, non obstante, está xusto á beira. Ás veces, iso é o que parece o ler a prensa. Ou mesmo iste blog. Aínda que tente de presentar unha perspectiva global, ou mellor, de dispor as cousas para que cada quen…

  • mindoniense.com

    Está próximo: unha referencia interesante ante comentarios diversos nos blog. Mindoniense.com

  • Orzamento habemus!

    Antes de pasar ó orzamento: aló polas oito e media óese no pleno un golpe nunha fiestra. Todo transcorre con normalidade, pero, dalía a aun par de minutos, entra no salón de plenos un rapaz coñecido en Ribadeo, atravesa o salón, diríxese ante a mirada de todos a un balcón que estaba aberto (o sinalado…

  • 15 de xullo

    Xa temos o resume do concello (a nota de prensa da alcaldía) sobre o pleno do luns. Mentras, esperamos a Transgascogne, as duchas dos bloques xa están postas, acompañando ás de rocas brancas, o 25 de xullo hai percebada en Rinlo, hoxe recala en Ribadeo o congreso sobre Antonio Raimundo Ibáñez, … sen esquecer, a…

  • Pleno no pleno

    Onte, 13 de xullo de 2009, tocou pleno. Ireino referindo pouco a pouco, así que quen quera unha entrega xa, pode mirar o blog “Vida socio-política en Ribadeo“, onde está referido. Polo pronto, dicir que os orzamentos foron aprobados (4 a favor do BNG, 7 abstencións de PP e PSOE, e 2 en contra de…

  • A igrexa terá que baixar o ruído…

    en Xaén. Como se ve na nova, aínda será discutido: estánse a recoller sinaturas para que as campás sigan a tocar a todo trapo.

  • Un tema de cartos

    Hai tempo O tesón preguntou primeiro en xeral sobre pago á SGAE e logo, sobre o pago este ano. As contestacións foron 30 000€ por un período abranguendo boa parte do que levamos do século, e nin idea. É dicir, non se sabe o que se vai pagar á SGAE este ano ó non querer…

  • Hoxe son nova os orzamentos

    … que se votarán esta tarde. Sábese o que poñen as noticias, que foi forzada unha reducción … e para de contar. Coñécense? non. Está asegurada a súa aprobación? Polo que pon a prensa, non? Tiveron participación os veciños? non. Poden ser bos? pode… como non se sabe… Coido que é interesante ver tanto as…

  • Festival

    Coido que o festival contra o cancro merece unha referencia, alomenos para lembrar ós colaboradores. Entradas, 2/3 do Hernán Naval, e risas e diversións para todos os asistentes.

  • É a irrigación boa?

    Hai veces que nos preguntamos cousas que parecen contra natura. Como vai ser a irrigación mala? as terras irrigadas producen máis cantidade de vexetación, mellores resultados económicos… Todo parece bo, verdade? Algúns proxectos con bondades semellantes propóñense para diversos lugares, mesmo para a ría de Ribadeo. Pero … hai que ollar algo máis aló. Aí…