Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • Mirada interior

    Hai xa uns cantos anos que a cidade de Dublín ten unha postal con fotos de portas na súa zona vella. Algo facilmente realizable en Ribadeo. Algo que eu mesmo estiven tentado a realizar algunha vez, e sei que algunha xente, como Mariano Grueiro, tamén, con máis intensidade e mellor idea gráfica ca min. Agora…

  • Mellorando

    O concello, por boca do alcalde, declara que está mellorando a situación dos cobros das multas. Evidentemente, ata que a percepción no pobo sexa a correspondente a un avance evidente, aínda queda. Pero pouco a pouco avánzase; percíboo así a pesares da controversia desta semana sobre impostos, taxas e multas.

  • El papel del periodista es establecer un sistema de valores

    O título é unha cita de Juan Luis Cebrián na p.45 de El País de 3 de xuño de 2009. De onde lle virá a iste home o coñecemento? Directamente de Deus, do que sería unha especie de parladoiro mecanizado, estilo ‘Deus ex machina’? Vamos, que no futuro os valores terían que ser os que…

  • Sobre a Galipedia nos 50 000 artigos

    Deixo unha nova xa vella sobre os 50 000 artigos da Galipedia, só polo motivo de que aparezo eu por aí no medio e un dos artigos máis traballados, a parte de ser dos primeiros, corresponde a Ribadeo.

  • Formando comunidade co blog

    De cando en vez paso polas estatísticas do sitio (non demasiado boas en canto a número de visitantes, a pesares das louvanzas de Chenchu), e atópome cousas curiosas, como istas que deixo á beira: Os navegadores non-Microsoft chegan xusto ó 50% das visitas, mentras que encabeza a clasificación o Firefox 3.x En canto ós sistemas…

  • De todo, no verán e en Ribadeo

    O mellor agosto, despois de queixarse dun xullo que coido que non foi malo aínda que os houbera mellores. Ise parece ser o resume do turismo neste verán que aínda non rematou pero no que xa se nota o descenso de xente. As colas na oficina de turismo de Ribadeo son clarificadoras (ver ‘overbooking‘), aínda…

  • Sobre o gas e Ribadeo, estes días

    Recibín o aviso de que está actuando na zona (tanto no pobo como nas aldeas) algún suposto inspector de gas, mesmo con algunha credencial e traxeado como tal, que non o é. E que nalgún caso ten actuado cobrando por servizos de revisión/inspección que non pode ofrecer, mesmo dando facturas (coido que me dixeron como…

  • Arredor da suba de impostos en Ribadeo

    A conta dunha nota de prensa da AVV Atalaia, onte fun preguntado polo que pensaba sobre a suba de impostos e taxas. Hoxe pode verse na voz o que deduxo o meu interlocutor do que dicía. Como outras veces, coido que debo aclarar algunhas das cousas que alí aparecen. A primeira, que se me chaman…

  • A ría de Ribadeo en alta

    Despois de ‘A ría de Ribadeo en baixa‘, coido que, aínda que en principio poda ser menos interesantes, debo de publicar as fotos correspondentes á marea alta, que tampouco neste caso era a máis alta do ano, pero case. Neste caso, están desordeadas. A que aparece arriba vese unha característica do peirao que vai tentar…

  • Seguindo co nome da ría de Ribadeo

    O texto de hoxe saíu o día 15/8/2009 na Comarca; esperaba que este fin de semana pasado saíra a segunda parte para poñelas xuntas, pero non foi así. Esta semana saíu unha referencia ó nome da ría nun artigo de Antonio Masip, pero o tema era outro. “DOS PANFLETOS ILEGALES (I) La Asociación Puente de…