Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • Sobre as mulleres e verbas de Pancho Campos

        Nestes días asistín a dúas tertulias con temas relacionados, sobre a segregación escolar (básicamente por sexo) nos centros educativos e as mulleres na historia de Ribadeo.     A segunda foi onte pola tarde, foi comezada por unha exposición de Pancho Campos e logo seguiu unha extendida charla (que non esperei a rematar), e que…

  • Ribadeo, aldea global?

    Hai xa máis de corenta anos que Marshall Mc Luhan cruñou o termo ‘aldea global‘ como idea da reducción do mundo ante o alcance das comunicacións, e polo tanto, do intercambio de relacións entre as persoas. Coido que o termo pode ser considerado apreciativo ou despreciativo, a pouco que non se tome dun xeito totalmente…

  • Noutro sitio

    Despois das festas patronais, en Ribadeo, houbo unha serie de comentarios e queixas (ou aquí). Parecería que ‘Ribadeo is different’, que só aquí se pode dar un conflito co tema das festas máis aló de se as orquestas foron boas ou malas. Agora podemos constatar que non, que debe de ocorrer así noutros sitios, como…

  • Novos contrastes en Ribadeo

    Foi un fin de semana tranquilo relativamente, para a cantidade de xente que houbo. Di a prensa que se marcaron plenos na hostalería, e é de crer, alomenos para a noite de sábado a domingo. Pola noite de domingo a luns, abondo menos. Así, foi a nova destes días, algo que máis ou menos en…

  • 12 de outubro, día das Pilar

    E despois de felicitalas, lembrar que tamén é día das FFAA, e da ‘hispanidade’, da ‘raza’, da… mellor, pasar a ver algunha cousa nova no periódico Diagonal ou en Im-pulso ou nunha das web e blog citadas neste outro enderezo relacionado, se non queres pasarte por outro dos blogs no lateral, ou ir a sitios…

  • Unha contribución ó conflito sanitario?

    “Temos que incorporar ó proceso do cancro unha mentalidade de consumidor esixente“. O artigo de ‘Público‘ di algo que é normal: nun servizo debe esixirse. Parecería que na sanidade, no servizo sanitario, tería que ser a norma, pero na prática non o é. Por exemplo, porque a xente síntese sumisa ante o médico, unha persoa…

  • Un novo premio Nobel

    Ó longo da semana foron desgranándese diversos premios Nobel. Sempre sorprende, aínda que sexan máis ou menos esperados, como pasou co premio Nobel de Física. Pero a sorpresa diste ano, e a polémica, xa está servida co premio Nobel da Paz. Estiven repasando a lista e coido que nunca se deu a un presidente que…

  • Inmobiliarias e gobernos locais

    Cito: “Las inmobiliarias quieren construir todo lo que pueden, es inherente a ellas. Pero los que tienen que tener conciencia y sentido común son los gobiernos regionales y locales, que han de buscar un balance entre desarrollo económico y patrimonio artístico y cultural.” Non é cousa só de Galicia, senón máis ben de España, que…

  • Carta á Conselleira

    Corto e pego: ” A Plataforma cidadá en Defensa da Área Sanitaria Norte e da Sanidade Pública conformada por veciños e veciñas, organzacións de distinto tipo, alcaldes, partidos políticos e organizacións sindicais pertenecentes a comarca da Mariña manifesta como principios xerais da mesma: A necesidade de manter a Área de Saúde da Mariña para asegurar…

  • Incredulidade

    Xa non é a primeira volta que os olíticos en postos de mando engañan á xente que deberan gobernar. Nin a segunda. por iso é normal que tras asegurar que se vai a facer algo, e reaseguralo, cando se negue despois de presións populares, non se crea, porque as verbas lévaas o vento. Onte en…