-
Un pleno no seu día
Non é o normal que os plenos ordinarios se celebren sen ser retrasados de día previsto. O de onte foi dos poucos. Tamén, se en xeral se pode dicir que nos plenos se pode separar o que do como, no de onte isa separación resulta esencial. E non só pola variedade e diversidade de temas,…
-
e-Wise en Ribadeo
Despois de ver a nova do xurdimento da plataforma e-Wise en Lugo (estou a falar dunha nova que apareceu o 4 de setembro), viñéronme á cabeza dúas cousas ben diferentes. 1. Por que non en Ribadeo? 2. Ó comezo terá moitos erros debido á inexistencia de información sobre servizos existentes que non están cargados na…
-
Máis sobre ruído e Ribadeo
Despois de publicar unha ruidosa semana, por casualidade con cámara atópome un anuncio con altofalantes motorizados do concello incumprindo as normas que sobre istas cousas ditou o mesmo concello. Xa advertira que a cousa do ruído, por conta da normativa e o seu cumprimento, aínda non é para hoxe, aínda que se vaia achegando. E…
-
Sobor dunha discusión. A situación do futuro asilo
Esta tempada anda nos medios a discusión da situación do futuro hospital. Recapitulando, ocorre que o goberno municipal ten apalabrado a casona rectoral de Ove para asilo/centro de Alzheimer e o antigo colexio da r/Trinidade para albergue de peregrinos, a traverso de convenios coa igrexa e a Xunta. Nisto, hai pouco, UPRi propón unha variación,…
-
Unha ruidosa semana
Os domingos de por si teño a tentación de escribir sobre o ruído, a causa do que sufro a noite anterior. Non obstante, o pé a facelo hoxe son as novas da semana. Para facer unha recopilación, comezou coa nova de que en Burela lle está chegando unha circular ós locais que abren de noite…
-
A conto das fronteiras
A conto das fronteiras, de ter visto nos derradeiros días varias citas e artigos sobre muros e divisións (como en Le Monde Diplomatique deste mes ou no El País de hoxe, pode que a conto dos vinte anos da caída do muro de Berlín), remata de virme á memoria un artigo, vello xa, de Suso…
-
A voltas co mercado
Hoxe non dou entrado na web do concello, que parece ‘caída’, polo que non podo ver as declaracións ‘fetén’ do alcalde respecto do mercado semanal. O caso é que Castropol está impulsando un mercado semanal, tamén os mércores, e polo momento, gratuíto para os feirantes, o que xerou a volta do tema do mantemento do…
-
A taxa Tobin sae á luz pública
Remato de escoitar pola radio que hoxe mesmo, nunha xuntanza internacional (do G-20), Gordon Brown, Primeiro Ministro inglés, propuxo oficialmente unha taxa sobre transaccións dinancieiras internacionais, o que se coñece como ‘taxa Tobin‘, proposta hai máis de 30 anos por ATTAC. Coido que é a primeira vez que se produce un tal chamamento nun foro…
-
Novas dende a Escola de música
Vexo no blog da escola de música e da banda unha nota de afirmación da súa labor. Coido que despois da confirmación de dimisión do Presidente de Amadores que deixei o outro día debía poñer tanto a ligazón como unha aclaración: Amadores non é a escola, e a escola non é a banda. A banda…
-
Táctica política no PP de Ribadeo
É instrutivo ver o devir político cunha pouca de análise. Non tanto os casos de corrupción como a propia vida normal dos partidos, que é a que manifesta mellor o ser social que son (a corrupción é máis unha enfirmidade das persoas, aínda que se poda rematar transmitindo ó corpo social, á estrutura na que…