Parece que a actualidade vai por parcelas, segundo (e seguindo) modas, quizáis disparada por algunha nova particular.
Este fin de semana saltou á palestra a orde de derribo de 50 viventas na Guarda, e pode que ese sexa o motivo de que a actualidade ribadense hoxe esteña dominada polo urbanismo, despois dun pequeno acicate local onte: a comunicación do concello do mantemento por parte do alcalde dunha xuntanza en Santiago sobre … urbanismo, claro. O terreo xa estaba aboado: aínda foi titular onte que o PSOE considera que se está a retrasar o PXOM, e estes días anda rondando o tema do estado da torre dos Moreno.
Onte saltou nunha radio a nova de que o xulgado obriga ó concello a derribar o exceso de altura do edificio da r/Irmáns Moreno Ulloa antes de catro meses. O alcalde di que non recibiu nada ó respecto, e lembra que ninguén quixo efectuar a obra. A este paso, será unha brigada dunha institución pública (presumiblemente, a Deputación) quen se encargue do tema. Unha cuestión que sobrepasa os dez anos de antigüidade, pois a primeira orde de eliminación de alturas dictouna José Carlos Rodriguez Andina no 1998, segundo a prensa.
Sobre mantemento dunha edificación vetusta, moito máis vetusta neste caso, vai outro tema: a aduana vella terá un pequeno remedo para evitar a súa total caída, despois do desplome de parte do teito, ó dar permiso Patrimonio para a actuación. De novo, ó igual que no caso da torre dos Moreno, non se sabe ata que punto servirá para deter o deterioro do edificio, pero alomenos eliminará o perigo inmediato. de calquera xeito, a actuación realízase despois dunha primeira multa de 2 000 € ós propietarios dun edificio emblemático e en venta, que ó paso actual tendían a quedar sen ter que vender.
Etamén de autorizacións vai outra, a dada por un xulgado a Gervasio Cao para construír no edificio sinalado pola curz na foto do Sigpac, á beira da Capela da Orde Terceira e fronte do mercado. Xa levaba anos querendo construír aí e estaba anunciado por un cartel na súa fronte. Agora poderá, sempre que a Xunta non recurra. Se alguén mira a nova na prensa, que se fixe nos motivos de razoamento.