Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Tres lugares de Ribadeo


Deixo tres fotos de Ribadeo, das que só é típica a do medio.
Aa primeira vése o tramo da rúa San Lázaro que se vai a remozar xa, segundo di a alcaldía. Só é unha especie de lembranza de como está agora para poder comparar con como quedará despois.

A segunda, máis no centro, é tamén a imaxe máis típica dunha esquina ribadense. A Casa Arango, coas súas galerías visibles dende o parque e o cantón, forma parte da iconografía do noso pobo.
A terceira é máis descoñecida. Foi collida onte ó vó, tentando non molestar, de casualidade, e de paso que me enterei do que pasaba. Corresponde ó interior da capela de San Miguel, onde se está rezando un rosario antes da novena de San Miguel, que está en curso estes días ata o domingo. Polo que parece, o día de San Miguel a virxe de Vilaselán pásao na capela, ‘de visita’, a onde chega o primeiro día da novena (este ano, o sábado pasado) retornando á súa sé despois da novena (este ano, o domingo). Ata onte, eu non sabía nin que existía a tradición da novena en San Miguel, e coido que non vira nunca a capela aberta.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *