–>
Nota de prensa
Publicado en Ribadeo
Dende hai máis dun ano foi cobrando forma a wiki ‘Publicado en Ribadeo’. Nela trato de ir cargando na web obras relacionadas con Ribadeo ou feitas por xente con fortes relacións con Ribadeo. Debido a ser un traballo lento, ata o momento persoal, e moitas veces tamén á necesidade de petición de permisos por estar as obras aínda con licenzas en vigor, o progreso foi asemade lento.
Na actualidade, a relación de obras que se poden consultar xa comeza a ser abondante, así como a difusión do sitio, polo que considero que é hora de dalo a coñecer dun xeito máis amplo para facilitar o seu uso. E é que co tempo, ‘publicado en Ribadeo’ vai sendo coñecido e atraendo máis miradas, nun proceso que pode dicirse que se autoalimenta.
Unha disposición de obras como a que relaciono abaixo creo que debera ser afrontada por unha institución pública como o concello, pero no seu defecto, xa está feito, ou mellor, comezado, pois a tarefa que queda é moito maior que a que levo feito. Así, pódense observar que en algunhas das obras referidas quedan partes por cargar, ou mesmo nun caso, a revista Beiramar, obra da que falei cos propietarios dos dereitos aínda hai pouco, está referida no índice pero sen cargar ata o momento ningunha parte. Asemade, teño varias partes de obras que están esperando a ser rematado o seu tratamento para deixalas no repositorio onde corresponde.
Cada obra leva unha ficha mínima con datos sobre a mesma, a modo de introducción das páxinas que foron escaneadas, que se presentan ben ‘tal cal’ ou ben algo melloradas despois dunha recomposición de páxinas, pois hai que ter conta que algunhas son copias non de orixinais, senón doutras copias.
Case tódalas obras foron escaneadas por min, pero algunhas foron cedidas en orixe xa en formato adecuado ou mesmo escaneadas por outra persoa para a súa publicación en ‘publicado en Ribadeo’.
Xa se puxo en contacto comigo un empresario ribadense para ofrecer un soporte á web que vai xurdindo, se ben ata o momento e por culpa miña, non se fixo cambio algún da estrutura inicial. E é evidente que, ben por meido dunha asociación como poidera ser ‘O Tesón’, ou ben doutro xeito, ‘publicado en Ribadeo’ pasará a ser en non moito tempo o resultado dun esforzo colectivo.
Quédame agradecer a todas as persoas que cederon os dereitos ou dalgún xeito me axudaron a chegar a onde está na actualidade a páxina.
Deixo a continuación unha copia da portada da wiki.
Antonio Gregorio Montes
Publicado en Ribadeo
- Ás veces, por calquera motivo, chegan a min diversas publicacións que poden ser de moito interese e non teñen un espallamento moi amplo. Para axudar a ese espallamento, abro esta pequena wiki tentando axudar nesa tarefa ás publicacións no/do entorno ribadense: Iránse engadindo tanto publicacións xa pasadas como futuras, cada unha cunha pequena ficha.
Publicacións
Libros
5 aniversario Banda Municipal de Ribadeo
25 aniversario do Entroido Ribadense
Algo de Ribadeo Histórico, Monumental y Diplomático
As festas populares no entorno ribadense
Bodas de Plata Amigos da Gaita
Nosa Señora das Virtudes da Ponte
XII Xornadas Ambientais. O camiño cara ó desenvolvemento sustentable da Mariña Lucense
Revistas
Miradas desde la Atalaya: nº1 – nº2 – nº3
Outros
Traballos de Isidoro Asensio Amor
Pregóns
Serie ‘Coñecer Ribadeo‘
Candidatura de Coto 2009 (aínda que non é verdadeiramente unha publicación estilo libro ou artigo, senón propaganda dunha candidatura victoriosa cando se inclúe aquí)
O Camiño de Santiago no entorno de Ribadeo
I Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval
Os hábitos de consumo e ocio da xente nova nas portas do século XXI
Publicacións de carácter relixioso
Semana Santa 2009 (castelán)
Ecos de la Parroquia, publicación parroquial periódica da parroquia de Sta. María do Campo (castelán). Publicados: 1 2 3.
Novena de Nuestra Señora de Vilaselán (castelán)
Próximos que espero publicar
Completar o libro das xornadas ambientais (só comezado no listado anterior e deixado polo momento por baixa calidade de escaneo)
Resume das actas de séculos pasados, “Apuntes sobre Ribadeo” (en marcha)
Nota
Se, a pesar da ficha que acompaña a cada publicación, alguén considera que ten erros ou que non se debe publicar aquí, prégase contactar co autor destas páxinas.
—
Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo