Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Incorporación


Despois de usar xa varios anos o sistema de preguntas ó pleno (en realidade, a ‘despois do pleno’, pois non entran en acta) que a AVV O Tesón logrou a comezos do anterior mandato no concello, agora por fin parece que outra asociación, a Atalaia, decidiu usar o sistema. Ata o momento só unha vez outra asociación (coido que o Cantal, pero non estou fixo) usara do sistema nunha ocasión. Coido que, a pesares das evidentes deficiencias do sistema (como lembranza, un exemplo: non sería a primeira vez que sinxelamente, non se contestan as preguntas), débese aproveitar mentras non haxa outra mellor. Así, pois, hai que recibir á nova asociación que se incorpora ó sistema cunha mensaxe de ánimo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *