Pouco a pouco un vai collendo máis control sobre o que vai manexando. Iste é o caso tamén do blog e o seu tamaño de letra… Teiña sospeitas pero hoxe confirmeino, que os cambios no tamaño de letra que houbo últimamente eran debidos ás táboas. E, si, sóno… pero agora hai que voltar a artellar de novo ata lograr un tamaño adecuado. E por iso reduxen temporalmente o número de artigos en portada: quen queira ver as táboas das eleccións terá que ir ós arquivos almacenados. Pouco a pouco.