Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa sobre a alta tensión


QUE VEINTE AÑOS NO ES NADA
Ao longo das últimas semanas comentamos repetidamente a extrana decisión do Concello de non incluir no PXOM o tendido da liña de alta tensión entre Couxela e Reverte, mentres que si se inclue a localización da Subestación eléctrica nun monte comunal próximo a Reverte. Tamén comentamos que en xaneiro de 2.008 BEGASA presentou un proxecto de tendido da devandita liña e dado que non foi incluido no PXOM, no mes de Maio do mesmo ano presentou unha alegación solicitando a sua inclusión. Posteriormente, o 31 de Xullo asinouse o convenio para construir a liña e mais a subestación entre o Concello de Ribadeo, BEGASA, a Consellería de Industria e SEPES. Para ser mas exacto deberamos decir “escenificouse a sinatura do convenio”. Nese convenio acórdase, entre outras cousas que o concello dará todalas facilidades a BEGASA para acortalos trámites administrativos.
Do anterior despréndese que as relacións Concello de Ribadeo-BEGASA, son, como mínimo fluidas. Hoxendía tamén sabemos que antes da sinatura do convenio houbo polo menos duas xuntanzas en Santiago para debatir as condicions finalmente acordadas e tamén sabemos que nesas xuntanzas participaron representantes do grupo de goberno municipal. Ou sexa no mesmo periodo de exposición pública do PXOM, ou ben en datas moi próximas o Sr. Alcalde tivo duas xuntanzas cos representantes de BEGASA.
Dado que as devanditas xuntanzas foron secretas e os contidos do que alí se falou non se fixeron públicos nin se informou ao pleno municipal non se pode afirmar rotundamente que o tema do tendido no PXOM fose obxecto da negociación entre o Alcalde e o representante de BEGASA, pero tampouco hai que ter unha imaxinación desbordante para supoñer que a estratexia sobre este asunto foi consensuada entre as duas partes.
No momento actual o PXOM está en fase de estudio das alegacións. Neste periodo de varios meses vaise decidir si se acepta a alegación de BEGASA solicitando a inclusión do tendido eléctrico no PXOM. Parece de caixón que se vai aceptar, dado que a localización da Subestación xa figura no PXOM, e a rexeita desta alegación suporía deixar ao tendido sen cobertura legal, dende o punto de vista urbanístico.
Agora teñamos en conta que o PXOM sairá ou non a exposición publica, nun futuro según se considere que no periodo de alegacions houbo “cambios sustanciais” ou non. ¿E quen decide se houbo ou non cambios sustancias?.
En resumen podemos atoparnos con que o tendido de alta tensión que BEGASA proxecta en Ribadeo non vair sair a exposición pública no PXOM, gracias á hebelenciosa xestión do partido do goberno que sigue ao pe da letra o criterio de dar todo tipo de facilidades á empresa promotora e poñer todo tipo de dificultades aos veciños das parroquias afectadas.
Agora ben, xogar con lume nestas cousas é moi perigoso e facer reviricoques de dudosa legalidade pode provocar a suspensión do PXOM via contencioso administrativo e na mesma tacada irían PXOM e Polígono. E xa levamos mais de vinte anos con esta historia e non aprendemos.
Evaristo Lombardero Rico


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *