Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A posta en valor do Castro das Grobas


Si, xa hai que ir pensando nela. As Grobas meréceno, parece ser. As fotos que adxunto, tomadas esta mesma mañá, só recollen unha parte (queda a cata principal sen cubrir neste post), pero dan pé abondo a dicir que temos un castro que paga a pena en Ribadeo.

Comentado por Emilio Ramil, o director da escavación a pé de obra, onde puiden observar varias cousas. Por exemplo, o cú da vasixa que se aprecia co centro da foto sobre estas liñas e que se ve con máis detalle redondiño na foto seguinte, tamén no centro.
Ou o muro dunha vivenda no que parece ser que se aprecia a época tardía, xa romanizado o castro. Muro asentado sobre a rocha que posiblemente serviu para protexelo da roturación da terra e polo gtanto, dun destrozo maior.
Ou, pegadas ó muro, teselas dun chan.
Ou unha perspectiva do corte do terreo que, en relación ó muro e ós pés da persoa á beira, da idea das capas que se poden observar no terreo.
… máis detalladas na foto a continuación
E mesmo parte dun muro derribado que dá pé a pensar que un pouco máis á dereita, baixo o terreo sen escavar, se atopará unha base de muro doutra vivenda.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *