… pero,
gastar cartos en salvar ós bancos non significa menos infrastruturas e menos oportunidades para saír da crise a medio prazo (a parte de menos cartos para pobres)?
Por outra parte, se hai moitos máis cartos en finanzas que na economía real (isto é, hai moitos cartos que non corresponden con nada máis que fume), e por cousas dos intereses e tratos financieiros, seguen a medrar (non na economía real, senón sempre no mundo das finanzas), iso significa (lei da oferta e demanda) que os cartos cada vez teñen menos importancia (cando se teñen abondos) e polo tanto, cada vez se poden gastar máis cartos en cousas que non son importantes (quen pode, claro) mentras que as que son importantes cada vez resultan máis difíciles de conseguir en xeral.
O importante non é dende cando se ven producindo esta acumulación acompañada de minusvaloración, senón cando lle chegará a cada un o momento no que as cousas importantes lle sexan difíciles de conseguir…