O pasado venres, dia 3 de Abril, a asamblea de comuneros do monte veciñal de As Anzas acordou exixir o soterramento da liña da outa tension e , cando non, a suspension da trazado polo seu monte. A decision exixe un analise acougado das circunstancias, dos antecedentes e do efecto domino que pode traguer consigo nas comunidades afectadas de Obe e Piñeira. En primeiro lugar compre suliñar que nos ultimos anos estamos asistindo a un cambio sociocultural de gran alcance nas comunidades rurais galegas respecto do valor e uso do monte, tanto comunal, como particular. En segundo lugar os tradicionais metodos abusivos e caciquis das grandes empresas e particularmente da electricas esta desbordando a pacencia dos veciños. En terceiro lugar o secretismo que veñen practicando o concello de Ribadeo, a Conselleria de Industria e BEGASA no caso concreto deste tendido esta subscitando todo tipo de rexeitas e temores nos afectados. En coarto lugar as protestas contra as liñas de outa tension e a falla dunha planificación coherente e asumible extendese por toda a xeografia galega e española. Estas e outras circunstancias estan gravitando sobre o proxecto de EON-BEGASA en Ribadeo e probablemente expliquen, polo menos e parte, o acordo dos veciños de As Anzas.
Vexamos os antecedentes coñecidos, ata o dia de hoxe do caso que nos ocupa.
1.- O dia 15 Xaneiro de 2.008 Electra del Viesgo-BEGASA (1) presenta un escrito no concello de Ribadeo solicitando que no Plan Xeral de Ordenación Municipal se inclua unha reserva de solo rustico de proteccion de infraestructuras para a subestación e para a liña de outa tension, que se fai necesaria polas demandas de enexia electrica en Ribadeo e Barreiros.
2.- O dia 13 de Maio do mesmo ano BEGASA presenta unha alegación ao Plan Xeral por que neste aparece a reserva de solo para a subestación pero non para a liña de outa tension. Como veremos mais adiante o alcalde de Ribadeo negara repetidamente ter coñecemento destes proxectos.
3.- A finais de Xunio de 2.008, no mesmo periodo de exposición publica do PXOM, mais de 30 veciños de Piñeira, Reverte, Ribadeo, Obe, etc. presentan unha alegación solicitando o alonxamento da subestación electrica das zonas habitadas. A mesma alegación e subscrita polo UPRI e por unha asociacion de pais de alumnos do Colexio de EXB.
4.- O dia 31 de decembro de 2.008 163 veciños e veciñas de Obe, Cubelas, As Anzas, Piñeira, Reverte, etc. rexistran un escrito no concello de Ribadeo, dirixido ao alcalde, ao conselleiro de Medio Ambiente e mais ao conselleiro de Industria solicitando informacion sobre a liña de outa tension e mais sobre a subestación electrica.
5.- O dia 5 de Xaneiro de 2.009 o Sr. Alcalde, na paxina web do concello arremete contra os veciños que piden información e afirma que non sabe nada do proxecto (xa dixemos que ten dous escritos de BEGASA cun avance do mesmo).
6.- Nas semanas seguintes a Conselleria de Industria confirma a tese oficial: non se sabera nada ata que saia a exposicion publica.
7.- O 18 de Marzo sae a exposición publica a ubicación da subestación no monte comunal de Piñeira, pero non o trazado da liña de outa tension. O alcalde segue negando que ten os planos do trazado dende hai mais de 14 meses.
8.- O 20 de Marzo un veciño de As Anzas vai a Delegacion de Industria de Lugo e os funcionarios danlle unha copia do trazado. Polas mesmas datas representantes de BEGASA visitan aos veciños e aos representantes das comunidades de montes presentando o trazado e tratando de chegar a acordos economicos de cesion do solo.
9.- O 21 de marzo os veciños fan a exposición publica do proxecto en Santa Cruz.
10.- Nos dias seguintes o alcalde recoñece que tiña o proxecto, pero que non o deu a coñecer porque “non era oficial”. Lembremos que so se pediu información, non que fose oficial. Agora recoñece públicamente que coñece o trazado dende hai ano e dous meses.
O prazo para presentar alegacions a subestación remata o dia 20 de Abril, polo tanto hai pouquisimo tempo para estudalas, consultar abogados e tecnicos en medio ambiente, presentalas e discutilas cos veciños e conseguir algun resultado positivo para a gran mayoría que e do que se trata.
Ao mesmo tempo debemos reflexionar sobre os seguintes puntos:
1.- Unha sentencia do Tribunal Supremo de 8-2-07 prohibe a ampliación da subestación de Mondoñedo, ratificando outra do Tribunal Superior de Justicia de Galicia de 1-6-05 e dando a razona os veciños. Ademais esta subestación esta funcionando sen licencia de actividade dende a sua construccion.
2.- A subestación de Mañente (Foz) esta en zona de Costas e de Interes Comunitario, por ser Zona de Especial Proteccion de Aves.
3.- O proxecto de tendido de Trabada a Ribadeo de 132.000 voltios e a subestación son o primeiro paso para mais adiante ser ampliadas e reforzadas seguin lle interese a BEGASA. Os tramites son moito mais sinxelos se se fai por fases e despois de poñer a primeira fase xa non ten volta atrás.
4.- O dia 16/9/2.008 a Axencia EFE daba conta das mais de 1.000 alegacions presentadas polos veciños afectados pola liña de outa tension de Pesoz a Boimente co apoio da asociación ecoloxista ADEGA e do BNG.
5.- O dia 1 de marzo de 2.008, nun mitin electoral celebrado no Valadouro o Sr Fernando Suárez denunciou o trazado da linea de outa tensión Boimente-Pesoz: “non nos podemos fiar de quenes calaron ou quen definiu este trazado…”dixo públicamente.
6.- O dia 6 de decembro de 2.008 o voceiro do BNG no Congreso dos deputados pedia a retirada do proxecto de trazado da mesma linea, polo seu grave impacto medioambiental, gandeiro e turístico.
CONCLUSION: Hai abondas razons para que os veciños de As Anzas ou de calquer outra zona pidan a supresión do trazado de liña de outa tension.
Evaristo Lombardero Rico