Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A circunvalacion de Mirasol



Facía xa tempo que non baixaba tentando de bordear Mirasol: cousa dunha semana. E atopeime co que presento.
As fotos son da fin de semana, co que a día de hoxe, a circunvalación está limpa para serlle posto o piso en canto se lle faigan sumidoiros e se lle poña a corrente eléctrica. Ademáis, nótase abondo ben o que vai quedar ‘reservado’ para o porto e o que vai quedar de circunvalación: xa está feita a separación, só queda levantar a parte de arriba da valla, que por certo, parece vai ser de diferente modelo que a que xa se puxo hai uns meses.


Coido que na actualidade pode servir algo así como de ‘visita turística’ para os ribadenses; pode que, aparte da lembranza, sirva para aprender algo máis sobre o noso Ribadeo.
Asemade, tamén se nota o que se desprendeu na última fase, na zona de adosados, que terán (supoño) que reforzar dalgún xeito para evitar unha inseguridade que agora parece patente.






Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *