Deixo a película dunha secuencia de carga de pasta de papel no peirao de Mirasol. Coido que é unha actividade importante, e despois da manifestación ‘ría si, nave non‘, debemos axeitarnos a contribuír dalgún xeito á mellora sen impactos negativos da actividade económica. En caso contrario, voltaremos a afrontar dentro dalgún tempo outro recheo, nave, … que irán nun sentido que non queiramos:
Os que non somos empresarios tamén podemos contribuír ó desenvolvemento económico de Ribadeo, aínda que non sexa cos mesmos criterios da economía que se trata de impoñer moitas veces como únicos.