A salto de mata estes días, entérome de que sae na prensa que portos comezará a dar marcha atrás (máis ben, cortará) o proceso administrativo correspondente á nave de Mirasol.
Non me engano: é unha victoria, pero non ‘a victoria’, pois está aínda lonxe a existencia dun plan de ordenación da ría que permita un mantemento cara ó futuro e un aproveitamento económico acorde da mesma.
Tampouco me engano sobre a importancia que tiveron as organizacións veciñais, os veciños, na resolución con este resultado: coido que máis ben pouco, pero determinante. Contradictorio? Non. A importancia foi pequena e non foi un factor definitivo pola forza feita. Non embargantes, foi absolutamente necesario para que a xente que realmente interviu de xeito decisivo no proceso revisara outras vías e decidira unha variación. Variación que aínda non sei moi ben en que rematará consistindo, xa que os cartos destinados polo momento á opción Xixón non cubren nin moito menos o previsto en dita opción. Pero iso non debe facernos crer que as persoas – votantes de Ribadeo e aledaños tivemos un papel clave (abonda con mirar un pouco o desenvolvemento do tema por exemplo na prensa). O que si, debe quedar un pouco a modo de caso de estudo para ver como actuar no futuro para, aínda con poucas forzas, poder influír en decisións que si nos atinxen. E, de momento, victoria parcial.