Un artigo, http://lamediahostia.blogspot.com/2008/03/seth-godin-sobre-el-futuro-del-negocio.html lévame a pensar sobre o diferente que é falar un idioma de falar outro, algo que ten que influír sobre os campos de ideas que son a base do noso pensamento.
A versión galega ou castelá do termo, ‘prestar atención’, parece indicar unha espera de que, a continuación ou próximamente, haxa unha devolución desa atención, unha correspondencia de atencións.
A versión inglesa, ‘paying attention’, parece indicar polo contrario unha débeda de quen está prestando esa atención respecto de quen está sendoo foco dela: non hai contraprestación, intercambio, hai débeda.
No artigo de onde tomei a idea, había referenca a negocio, e polo tanto, sería lóxico que a sexa diferente nuns e outros parlantes a mentalidade referente ós negocios que requiren un certo ‘prestar atención’ ó outro.
E tamén respecto a outras cousas como o esperar que os cargos públicos nos escoiten despois de que nós os escoitemos a eles. Sería a reciprocidade. Aínda que moitas veces parece que actuaran ó estilo do que suxire o xiro en inglés: pedíndonos (ou esixíndonos) que lles paguemos dalgún xeito polo mero feito de teren falado…
Cousa de pensalo. Non só polo tema dos pagos, senón polo que significa ter unha lingua.