Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre a web do concello


Como non funciona, ía xa tempo que non a miraba. Pero, a raíz do post anterior boteille unha ollada para comprobar unha pequena acusación de Rivas: certamente, xa non figura el como webmaster: non figura ninguén. O saúdo do alcalde, primeira cousa que se ve (de xeito obrigado) despois da portada, en estilo minimalista (por non dicir insuficiente). Segue a figurar o PXOM (versión marzo 2005) como se non fora rexeitada esa versión, está só en castelán, … e non está adaptada a Firefox, co que se ve ‘non moi ben’ nunha porcentaxe abondante dos navegadores que a visitan (a parte de non estar normativizada segundo as normas internacionais…) Mais? Non son o único que leva dito en lugares adecuados e dende hai tempo que hai que aproveitala doutro xeito: tocaríalle ser a páxina máis visitada de Ribadeo…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *