Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2007

  • Ribadeo: festas do oito.

    Hoxe é a nova, a festa. As colas nas pastelerías (hoxe abondo reducidas en número despois de saír do mercado Eijo e Santa Clara), a gallaroufa á noite, os postos ambulantes e as atraccións… Onte vin na peonil un marionetista moi bo. Non só bo, senón coidadoso: é o primeiro que vexo con tiras téxteis…

  • Contradicción? Non, pero tamén.

    Esa é a sensación que se lle queda a un con algún cúmulo de novas. Por exemplo, cando despois de ser un verán no que aumentou a siniestralidade na estrada en Galicia en contra do que pasou no resto do estado, ó aumentar tamén o uso das liñas de noitebús, decídese potencialas porque salvan vidas…

  • Mirando para atras ou aprendendo do pasado?

    Estamos afeitos moitas veces a non mirar atrás, o pasado, pasado. Pero o voltar a vista atrás, sabendo eso, que o pasado está pasado, pode dar unha fonte de aprendizaxe excelente, ó igual que cando se di eso de coñecer a historia para tentar non repetila (a parte mala).  Neste caso, trátase de pasado próximo:…

  • Hai que garantilo

    Hai que garantir que … acade o seu potencial de promover crecemento sostible e progreso, evitando ó tempo que os ricos se fagan aínda mais ricos, empobrecendo máis ós que sufren a pobreza crónica e producindo un dano maior a un medio ambiente cada día máis fráxil. Así, pode referirse a case calquera cousa e…

  • Os inmigrantes

    GaLicia segue a ser terra de emigración, como o testemuñan os miles de galegos que van procurar traballo fóra. Non embargantes, tamén é terra de inmigración, pois hai xente que parece que ven na procura dos traballos que os galegos non queren. Dito así parece unha contradicción, pero coido que non o é: en xeral,…

  • Ex libris

        O anterior foi un fin de semana literario: a ministra Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo fixo un pregón basado en ‘Ribanova’, escrito polo seu avó. E o día anterior foi a presentación dos actos do cincuentenario da biblioteca, coa presentación do libriño a máis honra da institución. Del collo o trabalo correspondente a Santiago Sanjurjo, que,…

  • Comentarios en Ribadeo

    Comento as novas de onte aparecidas no Progreso… O PP teme que o concello teña que indemnizar a Acuinor, algo que entendo se coceu entre PP e PSOE, máis que en relación BNG. E que me lembra outro caso dunha indemnización supoño que moito menor da que se pedirá neste, que se segue a pagar,…

  • Sobre o 5º cabodano da banda

    Aproveito o fin de semana de ‘presentación’ do 50 cabodano da biblioteca e do pregón das patronais (…resulta que non é a patroa, pero eso é outra historia) para poñer as primerias páxinas escaneadas do que puxo A Mariña-El Progreso no 5º cabodano da Banda Municipal de Ribadeo (incluído erro en foto que me preswenta…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XVII A Capela da Orde Terceira, un edificio relixioso

    Na mesma praza do mercado foi construído o outro edificio ‘público’ – relixioso de referencia indiana en Ribadeo, a Capela da Venerable Orde Terceira. O lateral que presenta á praza está hoxe descoidado, falto de uso excepto por vagabundos que o utilizan de cobixo.

  • A contaminación industrial multiplica os tumores en Cataluña, Huelva e Asturias

    A nova, dada por un diaro nacional hoxe, non é en realidade tan nova porque é sabida. O caso é demostrar a relación entre a contaminación e os seus efectos; mesmo ás veces, amosar a existencia de contaminación. Pode parecer raro que non se poda demostrar (que sexa difícil facelo) a existencia de algo que…