Como gancho ara as eleccións, UPRI poñia no seu porgrama a construcción dun porto deportivo na Vila Vella. Agora vaise facer unha ampliación de 60 prazas no porto deportivo de Porcillán, básicametne cubrindo ocos na dársena, xa rechea e que é unha das de maior capacidade en portos deportivos de toda Galicia. E din que non son abondas. Ata aquí, coincidencias. Agora comeza a pregunta: debe soportar a ría de Ribadeo o que se lle está a meter? É cousa de comezar a responder e prepararmonos para evitar que a ría sexa un porto, a menos que o queiramos. Queŕemolo? Estamos na loita de portexer os metros de terra que lindan coa beiramar. Estamos dipostos tamén a defender os metros de mar que linda coa costa? Coñecemos as cousas a favor e as en contra? A ter conta que a priori, podemos pensar que as unhas están dispostas a explicárnolas mesmo con truco: hai intereses declarados. As outras, teremos que procuralas nós: son de todos e os intereses están diluídos.
Mentras esto vai ocorrer, na Veiga comeza hoxe a ‘Mostra de Cultura Ecolóxica’ coa proxección, ás oito da tarde, do vídeo ‘Unha verdade incómoda’, a célebre longametraxe de Al Gore, o excandidato á presidencia dos EEUU metido a ecoloxista (din que sempre o foi, aínda que en menor medida que agora).