Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Casas de Indianos en Ribadeo. XV Casa en Vilaselán


Hai que saírse de novo da ‘ruta principal’ e achegarse ó cruce entre a rúa da Lodeira e a antiga estrada de Vilaselán para ver esta outra casa de indianos, de dimensións máis reducidas que a media e hoxe ameazada polo Plan Xeral de Ordenación Municipal, pois na última versión coñecida era convertida parte da finca en vía pública.

Á súa beira (dereita da foto) pasaba o ramal da liña de Vilaoudriz que levaba ó cargadoiro.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *