Adxúntase a convocatoria de Asamblea xeral da Asociación de veciños O Tesón:
—
Pola presente comunicación, convócaselle á asamblea xeral extraordinaria da Asociación de Veciños ‘O Tesón’, que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo o día 28 de xullo de 2007, sábado, ás 12 horas na 1ª convocatoria ou ás 12:30 na segunda, coa seguinte orde do día:
1.Futuro da asociación. Presentación de propostas.
2.Elección da directiva
En relación ó segundo punto, as candidaturas poderán presentarse no primeiro punto dos tratados na asamblea.
En Ribadeo, a 10 de xullo de 2007