Onte fun ver ‘China blue’, un docuemntal traído a Ribadeo polo colectivo 8 de marzo (+ amarante + setem) onde se amosa a vida dos traballadores de moitas fábricas chinas, a maioría mulleres novas, adicadas á confeccón. Neste caso, de pantalóns vaqueiros. Deberan darnos vergoña as condicións de traballo que provoca a globalización, e esa é a base das proxeccións: tratar de que a xente exerza o seu poder como consumidores para que as condicións vaian a mellor. Non embargantes, 24 horas antes, pola exposición correspondente non pasara ninguén (alomenos nalgúns dos turnos da xente que estaba a vixiar) E é que está visto que mover á xente, facer que se molle por algo xusto, é difícil. Polo menos, o que estou a ver día tras día, e vexo tamén que non son o único. Pero tamén está visto que hai que facelo: hai que tentar a utopía para facer a vida real.