Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Blu:sens


Onte entereime que blu:sens, a principal marca de mp3 de venta es España e coñecida por acalquera que vaia a comprar un aparello semellante na península, a primeira con diferencia por numero de unidades vendidas, é galega, non estranxeira. E está a sacar novos produtos antes que a competencia. É dicir, fabrica en China, pero xa non está soa a empresa de antenas parabólicas como alta tecnoloxía. Aí está este caso e outros menos visibles por cantidade de negocio, pero con desenvolvemento tecnolóxico maior, tentando saír do monomultivo da terra. Eso contrasta coa queima de zapatos españois en China, no que parece unha promoción china dos seus produtos no seu propio mercado: queimaron uns cantos pares de zapatos caros e retransmitíronno por televisión alegando ‘falta de calidade’. Lembrarase alguén de que o mesmo ano pasado foron queimados almacéns de produtos chinos en España? O capitalismo, por desgraza, é así, por eso hai que tentar cambiar.
Tan así, e tan necesario é o cambio, como que son verdade as viaxes de promoción urbanística que se organizan dende Madrid para a venta de vivendas na nosa zona, nunha especie de pescadilla que se morde a cola: compra terreos, constrúe, vende, emprega os cartos en realimentación para ganar máis, … E eso, despois do ‘parón’ que está a defender a Xunta a través dos PXOM (polo menos, nalgúns concellos).
Por eso, para protexer e con outra mentalidade, volteime a lembrar, agora a principios do ano, dunha proposta que fixera xa no blog aló por setembro: a celebración dun “día da ría de Ribadeo” para tentar promover o seu mantemento. Pois ben, una volta mirada a táboa de mareas, o día de marea máis viva en setembro sería o 28, e a fin de semana con mareas máis fortes no mes, o correspondente a sábado 29 e domingo 30. Pois agora ‘só’ faltaría impulsar actividades. Haberá que poñerse a elo, a ría o agradecerá.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *