Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

In / out (en Foz, Ribadeo ou calquera outra parte)





As tres imaxes de hoxe van de dentro a fóra: un ordenador tuneado, o aspecto xeral da party de Foz e unha imaxe tomada do exterior ó que se asoman de cando en vez os de dentro…
1. Algo que non se fixo polo momento en Ribadeo aínda que sei que se tivo pensado facer.
2. A diferencia entre o ‘mundo interno’ e o ‘mundo externo’, para pensar en dúas cousas: as diferencias e as conexións, ambas necesarias para que o mundo progrese dun xeito equilibrado e sen rechinar…
3. Sempre hai un grao de aceptación maior ou menor por unha ou outra opción disponible. Cal elixes? Por que? Naturalmente, o caso das fotos é algo que se plantexa moi pouca xente, pero hai mogollón de casos na vida de cada quen.
4. A foto do ordenador tuneado fai pensar en graos: nunha party como a de Foz (das ben pequenas, das que están nacendo) xa se poden distinguir moitos graos de implicación e de ideas, dende a xente que vai a ‘baixar cousas de internet’ ós que van xogar, hai graos e graos, ou os que van amosar o seu ordenador, do que están orgullosos/as (as mulleres pouco a pouco van meténdose en todos os mundos)…
5. A foto do exterior a min dame calma, pero tamén o interor pode causar outras sensacións benéficas / aproveitables… é dicir, todo ten unha cara positiva, e se se lle atopa, a vida pode enfocarse mellor, aínda dende as posicións aparentemente máis descarnadas.
En fin, máis consideracións se poden facer, dese feito e de calquera outro, como a recuperación da terra queimada (prevista para un mínimo de 5 anos, en boas circunstancias) ou a instalación dunha piscifactoría en Ribadeo (si, a nova, a da filial de Pescanova, da que teño ganas de botarlle unha ollada cando poda ós plans que teño entendido non son moi aló no coidado do medio ambiente, por exemplo)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *