Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A vantaxe de ser ‘galego de pura cepa’



Foi algo que se me pasou pola cabeza. Se así critican por defender os meus dereitos, que sería se non fóra galego? Porque é evidente que dentro das categorías, ahi un máis, que sería o ser de Ribadeo con ancestros certificados, e un menos, que viría dado por ser de fóra de Galicia (… tamén teño notado clases nesa categoría, pero soen ser con menores diferencias). O de ser emigrante ten o seu aquél de loita pola aceptación onde se vive e de diferencia coa xente e sociedade xa establecida previamente. Aí están os inmigrantes de novo cruño, extranxeiros e extranxeiras que en certo xeito, son invisibles fóra do traballo, e nembargantes…
Xa teño falado algunha volta do tema da inmigración/emigración, pero cada vez vexo máis claro como a sociedade, é dicir, as persoas constituíntes da sociedade en cuestón e as relacións que establecen entre elas, neste caso, os ribadenses ‘de pura cepa’ e as súas relacións, ou, nunha segunda capa, os galegos de pura cepa e as súas relacións, que naturalmente inclúen ó primeiro grupo no seu interior, vánse constituíndo en esferas de trato e de pertenencia, como nunha tribo con características por unha beira, modernas, e por outra, totalmente ancestrais.
En fin, a esperas de profundizar noutro momento (agora voume), aí quedan as fotos, unha dun edificio que se ten dito que non garda a liña, e aparentemente segue día a día (ou cada dous días, vaia) adiante; un cacho de muralla que xa non é de muralla nin por idade, nin por apariencia, sin por grosor, … e que se non lembro mal (hai tanta tropelía que non me estranaría) o alcalde dixo que ía obrigar a reconstruíla; e, a terceira foto, en estilo ‘las verdes praderas’ (película española de grata lembranza), unha vista da ría de Ribadeo pola noite, con calma de fondo aínda que esteña pasando o que sexa na vila. (lembro que premendo dúas voltas no rato aparece a imaxe soa e máis visible)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *