A bandeira azul con estrelas é distintivo da Unión Europea. A bandeira azul a secas é un distintivo que é concedido ano a ano como galardón para certas instalacións, por exemplo, praias, polos servicios que son capaces de ofertar. Ben, pois Ribadeo, de novo, se queda sen el. E eso que temos Augasantas (As Catedrais) como insignia. Non confío demasiado no criterio de concesión destas cousas, coido que soe estar máis ben orientado a premiar orientacións non das praias senón adxacentes. Nembargantes, debido á proliferación (19 na Mariña este ano), é preocupante o non levalo. Menos mal que no noso Concello, visto dende o parque, segue a pendurar de esquerda a dereita a bandeira galega, a española e a da UE. A pesares da non-constitución e moitos outros jaleos, confío máis na azul coas estrelas que na que non as ten. Si, xa sei que son cousas diferentes; é precisamente por eso polo que confío máis: a da UE representa unha institución na que aínda, para algunhas cousas, podo decantarme, dicir si ou non, facerme ilusións de que son alguén, son persoa, e de que podo evitar manipulacións. A outra, concedida, sin un control nin voto por parte dos cidadáns, quédame máis lonxe e nin como mercadotecnia propagandística a modo de ‘lava máis limpo’ remata de convencerme. Ben, unha volta dada a miña opinión, mans á obra: convén arranxar as praias mellor para que a súa calidade resalte sen (ou con) galardón. E coido que, coa propaganda de As Catedrais dende a célebre reportaxe na revista, o galardón da bandeira non ten moita importancia pois vénse a elas a mirar máis que a bañar (que tamén, pero de outro xeito, con outra propaganda e coñecemento)
(A imaxe foi deixada na wikipedia por min hai tempo, e pódese coller máis grande na ligazón que poño.)