O título completo sería ‘Desprezo no pleno de Ribadeo ou aquela choiva trouxo esta lama’. Teño falado xa algunha vez dos plenos. O que sentín onte foi o desprecio mutuo na corporación e tamén polo pobo; respireino. Balbino Enrique non lle vai á zaga a ninguén para tratar de manifestalo. Coido que a oposición é máis comedida, quizais que polo seu papel de minoría.
Temas? Vaise a congregación de Marta y María do asilo e ven a Xunta. Coido que entregando o Concello parte dos seus quefaceres, pero ese é o caso. Antes do ’31 do mes próximo’, dixo o alcalde. O mes próximo ten 30, logo debe ser deste mes. É dicir, a cousa está un pouco apurada.
Por fin, a expropiación para o polígono industrial. Eso quere dicir que non será para este ano que esteña rematado. Xa veremos para o próximo.
Votado o irmanamento con Loctudy, con aviso da oposición de que vale, pero non ten sentido: que ligazón temos con Loctudy? Acaso o turismo do alcalde? Ese foi o eixe de discusión. En defensa do irmanamento, entre outras cousas, que os dous pobos teñen unha ‘práctica social e asociativa moi forte’, Para poñerse a rir ó ganso, supoño.
Saíu tamén a petición de que o tramo de Garitos da vella N634 pase de fomento ó Concello (parece que nesos casos, Fomento amaña antes da entrega, o que lle está a facer falta).
Modificación da ordenanza Municipal de Medio Ambiente: está clara a ‘neutralidade’ do alcalde: non só quere rebaixar as esixencias da ordenanza, senón que a vai a deixar un tempo sen a parte dos ruídos. Di Balbino que está en contradicción coa nova normativa autonómica. Xa o desafiei hai días a que me dixera en que, e ata o momento. Coido que tamén vai contra sentencia; analizarei o tema porque parece que non entende nin as sentencias.
Unha cousa que non entendín moi ben: os hostaleiros alquilarán a praza de ERSA para aparcamento, para o que lles servirán 360€/ano. Imposible que entendera ben…
A autoridade portuaria Ferrol-S. Cibrao, por fin se sabe, é a que terá que amañar o paseo do faro no derrumbe. Din que co retranqueo famoso.
Por hoxe xa vai moito…