Foi Foz o pobo elixido para facer unha xuntanza (mañá 11, 11:30, casa do mar de Foz) para tratar de crear unha fornte común e evitar o arrase da costa por parte dos ‘urbanizadores’. Lograrase algo? Hai que intentalo; os resultados, máis adiante.
En Ribadeo estáse a organizar una competición de tapeo, mentras colea o tema do ruído. E, en relación con este tema, sae unha nova curiosa: un xuízo por un enfrotnamento entre un que quería durmir e un dun pub. O título que leva, ‘Los curritos quieren dormir’ non me parece moi adecuado, pero…
—
Xa vello (publicado o 13/2/97), pero de actualidade a conta da xente que quere mercar a costa:
Bill Gates mercará A Mariña
Non me estou referindo a estas páxinas, se non á comarca enteira. Nembargantes, teño que desmentirme: Non é certo. Polo momento, non. Aínda estou tratando de decidir se debo pensar en varias mariñas ou non, xa que por cousas de administración pode que teñamos que chamar á comarca "As tres mariñas". Ou si debo considerar A Mariña "das dúas velocidades", pois parte sae no mapa con prerogativa a nome e parte non. É o mesmo, esos pensamentos quedan relegados, pois unha noticia sobre a fortuna de Bill (para os amigos, supoño) me fai preguntarme se debo pensar na Mariña como "territorio conquistado". O fin é o cabo, as películas que están poñendo na tele sobre a terra de fantasía remachan que tamén as terras máxicas por natureza se poden conquistar. Botei os meus cálculos sobre o valor en pesetas da Mariña e dame que o pobre multibillonario (penso que tres billóns de pesetas son moitos billóns) non podería mercala aínda. Non é que sexa unha idea que non se lle poda pasar pola cabeza, pero non pode acometela só polo momento. Aínda así quedei inquedo. Por varias razóns. A primeira: Sei do paro que temos. Nembargantes, este fabricante-mercader non vende productos da terra, nin fabrica cousas que se podan manexar coas máns: fabrica e vende ideas. A súa é a maior empresa de programas para ordenador do mundo, e a súa fortuna, feita a base de ideas, parece que o ano pasado medrou un oitenta por cento sobre o que xa era o anterior. Ideas, mentras que aquí non temos idea de cómo acadar un emprego, e non moita xente se chega a prantear unha soa idea para crear o seu propio posto de traballo. Outra razón: Bill non poderá mercar "con título de propiedade" A Mariña, pero ¿fáille falta telo para poseela?. Supoño que lle sería moito máis rentable vir, facer uso dela e marchar cando lle petase. Non estou falando de vir como sinxelo turista, que para eso fan falta moitos menos cartos, senon en plan mangoneo, se quixera facelo. E para eso si que lle sobrarían cartos. Alomenos, eso penso ó botar unha ollada por aí. Aínda hai máis: non pode mercar A Mariña, pero hai outras zonas do globo, máis extensas, máis poboadas, incluíndo algún país teóricamente independente que a precios de mercado se venden por moito menos. Así se pode comprender que as modernas multinacionais teñan un poder dictatorial, ou se se quere, feudal, moito maior que esos dictadorzuelos que atemorizan á súa poboación. maior tamén que os representante elixidos polo pobo nos países democráticos. E non me atrevo a imaxinar que futuro nos espera se ese poder se segue a facer amior e máis efectivo, como todo parece indicar. Outra cousa que se me ocurriu: a empresa de Gates parece que segue a contratar xente a todo trapo. Pero o perfil do traballador tipo de Microsoft, a empresa de Gates, non casa ben coa imaxen media que teñen os nosos estudiantes de sí mesmos: intelixencia, pero sobre todo boa preparación, capacidade de traballo e ánimo para acometer novas metas parecen ser os requisitos previos para a maioría desos postos (e para moitos outros que están esperando ser cubertos).