… resulta que agora o pierao é escaso: a foto claramente amosa dúas cousas, un barco que sobresae do peirao e un cacho de peirao cun recheo que o deixa prácticamente inservible, a excepción de barquiños pequenos.
En Ribadeo é noticia unha nova volta de tuerca xudicial coa petición de Balbino dunha multa contra o home dunha empregada do concello que, ó parecer, tentou defendela despois dun ataque de histeria ou semellante que sufriu no seu traballo no concello. Co caso no xulgado non hai moito que dicir, pero chama a atención a crecente vida xudicial do concello dende que o alcalde actual está no seu posto.
Segue a ser nova o parque dos indianos, outra vez en pouco tempo. Xa veremos que se fai; no seu momento dixen que non tiña por que ser mala cousa, e espero que non o sexa (cruzo os dedos)
En onda cero hoxe falouse da polémica pola reparación da carretera do faro, o parque… parece que non só eu teño problemas apra ter algo de idea do que pasa no día a día do concello, alomenos nalgunhas cousas, pois son consciente que se un está fora non pode (aínda que quixera) saber moito do que se coce alí; só intentalo de algunhas cousas que lle chaman máis a atención. E o da carretera, non saber a estas alturas de quen é competencia, paréceme unha incompetencia. do parque, díxeno na radio: o sexo dos anxos, pois é falar por falar cando non se sabe nada a pesar de dversas declaracións totalmente opacas na prensa feitas por parte de xente do goberno municipal. Tamén se falou alí da convocatoria para facer unha comisión de festas do antroido e a acusación do alcalde a ACISA de non querer implicarse. A min paréceme que o pobo non é só dos comerciantes, senón tamén da xente, pero parece que o goberno municipal non pensa así. De calquera xeito, convocar unha xuntanza sobre o tema a mes e medio do evento non ten moita pinta, ogallá me equivoque.
—
De Hernán Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hernán:
Data: 1999 |
Fonte: El Progreso |
Título: O enfoque que temos é formar músicos amateur. |
|
Autor: Pablo Villapol |
|
Descrición: Entrevista previa á actuación en Noruega. |
|
Comentarios: sen ficheiro de comentario. |
Hernán Naval subdirector da asociación de escolas de música
“O enfoque que temos é
formar músicos amateur”
RIBADEO PABLO VILLAPOL
Hernán Naval, ademais de moitas outras cousas musicalmente falando, é o subdirector da Asociación Galega de Escolas Municipais de Música, coñecida polas súas siglas, Agemm. Agora, están preparando a súa actuación nun encontro europeo que se fará entre maio e xuño en Noruega.
-
¿Dálle moito traballo o seu cargo na Agemm?
-
O peso organizativo cae na presidenta, Rosina Sobrido, e sen embargo neste momento estou eu en funcións de presidencia pola súa baixa maternal. Nós pretendemos aglutinar á mayoría das escolas de música públicas que hai en Galicia e unificar o concepto que se ten das escolas de música con respecto a unha actuación coordinada en plans de estudo, nova concepción pedagóxica musical, que se diferencie dos conservatorios, que entendemos como centros profisionais.
-
¿Desmárcanse deles?
-
Fronte ós conservatorios as escolas teñen unha formación amateur cunha componente de centros culturais con dimensión vecinal, máis alá da labor docente. Tratamos de persuadir á administración autonómica de que cambie a súa política de axudas e estimación do labor que fan as escolas. Neste momento, as escolas son algo secundario para a administración e fai con elas unha política de subvencións de café para todos, sen mirar o traballo que fan. Non se pide unha política discriminatoria, pero é evidente que hai moitos centros que se fan chamar escolas de música e son simples coberturas de clases particulares de música ou de canteiras de bandas tradicionais que limitan a eso o seu traballo docente, cando unha escola ten que ter moitas outras dimensións abertas a todos tipos de música , de formación e con variedade de especialidades instrumentais.
-
¿Cómo xurdiu a Big-Band?
-
Estamos integrados nunha entidade superior de carácter europeo que cada tres anos fai un festival internacional de xóvenes músicos amateurs. Para participar, a Agemm, decidiu nun primeiro momento que cada escola mandase unha agrupación, pero ó final optamos polo proxecto colectivo de creación duna Big-Band ó haber disponibles moitos instrumentistas de vento. Cando se nos confirmou un número de prazas moi superior ó previsto, decidiuse facer o coro, que pola disposición dos cantores preparados de cada escola, acabou sendo feminino.
-
¿Qué tal se lle da a dirección desa formación?
-
Sempre fun un apaixoado desa música e dentro da propia banda de Ribadeo temos tocado algún tema. Para min o resultado é moi positivo e moi divertido.