Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha vella nova


Vai uns días falei dun escudo de Ribadeo que aparecía na enciclopedia espasa de arredor de 1927. A raíz deso e da miña procura de solución, e da vista de Pepe (Foto Pérez) dos dous escudos case simétricos na foto da inauguración do ferrocarril mineiro de Vilaodrid (que acompañan ó que debe ser escudo de Ponferrada na época, por eso de que se esperaba que a vía chegara a Ponferrada e alí enlazara coa liña a Madrid), chegou ás miñas mans o documento (fotocopiado, tres folios indicando unha folla por dúas caras e o comezo de outra) que indican que:

– o escudo da enciclopedia era o escudo de armas da familia dona de Ribadeo,

– a orixe do escudo de Ribadeo está no selo do concello, indicando o norte de Galiza, o ser unha das tres vilas fortificadas de Galiza naquel entón e o mar, indicando o comercio exercido por Ribadeo.

Podo dicir máis, pero calquera pode leelo e deducir algunha cousa máis da lectura do que pon as fotos.

A actualidade en Ribadeo é máis prosaica que a discusión por escudos: imos a Fitur? imos sós? impórtanos un bledo, pero un bledo é algo (que é un bledo?)…

E en España? o aviso de asonada claqueteado por algún partido pode poñer os pelos de punta. Vai unhas poucas horas que recibín un correo non pedido, non querido, apoiando ó militar e contra tódolos partidos, incluíndo o PP…

E no mundo? a guerra de Iraq, outra vez, a gripe aviar que se achega, …

Chove en Ribadeo, pero non moito, vai frío nun inverno frío despois do ano máis seco da historia segundo dín as crónicas, e no que novamente avanzou a media de calor que ameaza con cambiar o clima da Terra.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *