Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A estrela de reis en Ribadeo, reportaxe fotográfica







Coido que o importante da cabalgata de reis é a estrela: é ela a que guía, e os reis só fan que seguila. Nembargantes, non penso que os cativos compartan a miña idea: quenes reparten os caramelos son os paxes, e máis importante, son os Reis os que reparten os xoguetes, de xeito invisible, con nouturnidade, controlando o comportamento previo non se sabe ben como, do mesmo xeito que repartindo non se sabe con que criterios. Os reis, no fundamental, son invisibles: por eso non saen nas fotos. A estrela, idealizada, deslumbrante, diante, os paxes en dúas actividades diferentes, reparto de caramelos e pausa (on-off, 1-0, …) e as carrozas como vehículos que levarán a ilusión, almacenados e dispostos a poñerse en marcha ó momento, pero sen luz, sen vida, no armacén dos trastos, da memoria, pero tamén da ilusión. O discurso tamén pode estar ben. Baseado no feito da guía, da estrela, do aque representa esta noite, así pode servir de conciencia, sen corpo, …
Como os reis tamén teñen problemas, teño que partir a ‘reportaxe fotográfica’ en dous… ou nos trozos que sexa, mesmo comezar sen fotos… ou sexa, o resto, mañá ou cando cadre. E así vai: o comezo dunha reportaxe fotográfica, sen fotos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *