Despois do Nadal parece que hai unha certa resaca. Difumínase a propia festa, e máis neste tempo de compras e consumo que non había hai uns anos. Por eso o documental Semillas (Recuperación de la memoria) que foi proxectado hoxe na casa das letras pode producir un efecto máis beneficioso se cabe. Comparemos as dúas fotos. Un Ribadeo que tenta ser engalanado e se convirte nunha caricatura de consumo fronte á imaxe movida de anuncio do documental, cunha bandeira republicana lembrándonos non que houbo dúas españas, senón que tivemos outra España. Un comentario da peli? prométoo para outra entrada, mais non para agora: teño pensado meter unha cousa de Hernán. A ver se podo metela nun formato o menos descabalado posible dentro deste blog que elexín precisamente por pode meter fotos…
—
Nun formato no que primeiro vai a explicación de data, fonte, título e autor, así como unha descrición do texto ou imaxe, e que espero que siga saíndo de igual xeito cando poña algo de Hernán Naval. Por certo, todo o que se poña aquí sobre Hernán terá a aprobación de quen corresponda. Neste caso, fora xa dada para a publicación no que se tiña pensado como portal de Hernán. Unha cousa máis: como noutras ocasións, a autoría da separata e comentarios corresponde ben a Fernando Rodríguez ou a min.
Data: 06/2001 |
Fonte: O Son do Pobo abril-xuño 2001 |
Título: Batutas mestras para a Banda da Federación. Marcel van Bree e Hernán Naval diríxena |
|
Autor: Luis Vázquez Rodríguez |
|
Descrición: Nota nostálxica, artigo. Un artigo escrito ó día seguinte do pasamento ó calor dunha amizade. Autorización dada telefónicamente pola Federación Galega de Bandas de Música Populares o día 14/02/03 |
|
Comentarios: artigo acompañado de unha foto da presentación e dúas reseñas-facsímil correspondentes á prensa do día seguinte (20/11/00), presumiblemente de “El Correo Gallego” e “La Voz de Galicia”. |
O pasado 19 de novembro, o Auditorio de Galicia foi, una vez máis, o escenario propicio para que os sons das bandas de música deleitasen a tódolos que encheron coa súa asistencia o citado Auditorio.
O motivo non foi outro que a presentación e posta en escena da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares.
Baixo a experta batuta do mestre Marcel van Bree, a banda interpretou un repertorio ameno e vairado tal como o pasodobre en compás de ¾ titulado “Arnoldo” de Hardy Mertens, “Mannin Veen” de Hadyn Wood, “Encantation and Dance” de John Barnes, “Viva Navarra” de Joaquín Larregla, “Danzas Armenias” de alfred Reed e, como colofón final, temas variados e coñecidos de películas de Charlie Chaplin. Para agrado do público, o mestre Hernán Naval, subdirector da Agrupación, tomou a batuta para dirixir o 2º movemento da Sinfonía nº 2 de Andrés Gaos, arranxado por él mesmo para ser interpretado por Banda.
A Xunta Directiva da Federación non se cansará de agradecer o sacrificio e o esforzo de músicos e directores que, durante catro domingos, xunto co día da estrea, é dicir, cinco xornadas completas, dedicaron o seu tempo de lecer a ensaiar para sacar este proxecto para adiante. Tamén agradecemos a colaboración das Bandas, que informaron e permitiron que os seus compoñentes estiveran presentes, porque había músicos de máis de 30 bandas das que forman a Federación.
A esta Banda, que conta co amparo da IGAEM, desexámoslle poder vela actuando, máis cedo que tarde, en clquera outro escenario de Galicia, así como na celebración da VIII Asamblea da Confederación Española de Sociedades Musicais, que se celebrará na Comunidade Valenciana no outono de 2001. Así mesmo agardamos que a Confederación Europea a convide a participar nunha das súas asambleas.
Dicir por último que esta Banda recibíu os parabéns de moita xente e o recoñecemento por abonados da propia Filharmonía de Galicia que ten a súa sede neste Auditorio.
Gracias pola vosa colaboración e ata pronto.