Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Non sei se debo…


Non sei se debo rectificar. Explícome:
O artigo que posteei o mércores 23, ‘Quen manda aquí’, e do que enviei á prensa unha versión (Progreso/Comarca) tivo hoxe, unha vez publicado en A Mariña (El Progreso) unha airada reacción do alcalde, que me chamou por teléfono gritando e non deixando que eu poidera dicir nada, polo que pasei e non lle colguei, cousa que fixo el xusto despois de dicir unha imprecación que soou lonxana e antes de que eu poidera dicir máis.
De calquera xeito, a posteriori, fíxome pensar e de aí este posteado. A súa tese é que el non recibiu nada e que minto. Pode que porque outras veces xa me ten chamado mentiroso e demostreille que non o era, continou dicindo que me tiña que informar e non falar de segundas. Neso, neste caso, ten razón: para min é imposible saber se recibiu un determinado fax no Concello, a non ser unha casualidade. Pero paréceme evidente en principio non lle conceder máis creto a el que a Vispo (representante de Adega), con quen falei por teléfono o día antes, e me deu a información e de quen tiña recibido xa un correo sobre o tema, correo que enviou tamén á prensa. De aí que escriba ‘entereime’ (referido a martes) e non ‘pasou’ ou ‘sei’, aínda que alguén considere que non debera telo escrito.
Debo aclaralo na prensa escrita? Coido que non, pois moi posiblemente implicaría máis confusión. Por que o aclaro entón aquí? Porque dentro das miñas facultades mentais, por moi mermadas que esteñan despois de 12 anos soportando ruídos nouturnos, aquí escribo eu e non outros tratando de interpretar as miñas palabras, e a corrección dubido que se me publicara de xeito inmediato e como artigo…
Ás veces un non fai todo a dereitas… aínda que me resisto a creer que se non se fan as cousas a dereitas, sexan feitas ás esquerdas: os grises son moito máis abundantes que o branco e o negro.
Unha vez coñecido esto, procurando a máxima obxectividade, agradecería comentarios (alguén xa me dixo que estaba seguro de que o recibira, aínda que non tiña probas, pero voltamos ó de sempre: as probas)
O dito, agradecería axuda.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *