Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Bandas rugosas?



Por fin o Concello xa ten cambiadas a maioría das bandas rugosas e instalado zonas un pouco máis elevadas para facer que os coches diminúan a súa velocidade. Claro que se imos considerar as declaracións do concellal de tráfico, tal e como é o éxito da súa xestión, contra opinións, vento e marea, coido que noon farían falla tampouco esas zonas elevadas. … en fin, polo menos, parece que as bandas van desaparecer. Na foto, en primeiro termo, na avenida da ponte (Rosalía de Castro), unha sinal advirte de perigo: a zona elevada está próxima (un coche está a pasar por ela na zona da esquerda). Na outra, outra zona elevada nun lugar onde se quitaron xa as bandas que había (e que a xente sorteaba normalmente achegándose á beira…)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *