Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un comentario


O que posteei antes lembroume un dos motivos para ter este blog activo: o poder ter un medio onde expresar as miñas opinións coas miñas palabras. Non é garantía de facelo ben, pero alomenos son eu o responsable e inténtoo, expresando as cousas ó meu xeito e con ‘información de primeira man’. Que o blog teña poucos visitantes (na actualidade son tan poucos que coido que cousa dunha cuarta parte das visitas teñen a súa orixe en min, para actualizalo, ó acender o ordenador, etc, e unha sexta en procura de anuncio por parte dos blogueros americanos…) non quere dicir que non sirva de testemuña; precisamente así ó escribir escribo máis para mín, aínda que de xeito nautral teña os ollos postos en que o vai leer alguén máis.
En fin, razoamentos semi-filosóficos para xustificarme anti min mesmo (…pero non só)
Un saúdo, lector/lectora 🙂


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *