Por casualidade pasei hoxe pola antiga estrada de vilaselán para saír pola N634 e futura autovía. Non puiden deixar de tomar tres fotos a tres das catro esquinas do cruce, pois tres casa foron eliminadas os días pasados, e o terreo que ocupaban, aplanado. Dentro de pouco, a autovía ocupará os terreos, sendo o punto elixido para comezar a súa desviación do camiño da actual estrada N634. As fotos representan pois un estado de transición entre unha vida anterior, con casas ocupadas e vidvas e outro posterior, de asfalto e terreos deixados para o servicio do mesmo. Non deixa de ter a súa nostalxia para quen non vivía alí pero pasaba a miúdo. Sen meterse nunha lembranza histórica trasnoitada, é un deses episodios que se poden interiorizar na vida propia marcando un fito vital como sinal tempórea e emocional. sen morriña, pero con lembranza.
Unha nota: a das 14:04:45 é do recuncho SE do cruce; a das 14:05:19, do NE; a outra, do SO.
Outra nota máis: a cámara vai aproximadamente pola ‘hora vella’, aínda que non teña importancia neste caso.