Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo noble


Un escudo en ribadeo ó anoitecer… Ribadeo heráldico que anoitece. Gústame os símiles para tratar de expresar as ideas, neste caso, que desexaría que Ribadeo tivera menos modos caciquís. de calquera xeito, tamén pode interpretarse como un escudo que permanece anclado nunha vella casa que aparece remozada, o que tamen pode interpretarse en clave de non cambio en Ribadeo. O tempo dirá.

Do antigo blog:

Protesta constructiva
Vexamos: protestar é un dereito.
Pero facelo porque si, por un quítame aló esas pallas, xa non o vexo conveniente. Esto ven a que en Ribadeo na última tempada estáse dando o fenómeno da protesta pola protesta, para ocupar prensa, sen máis.
Critico con esto a postura dun partido político, que agora protesta por facer obras nas rúas do povo. Evidentemente, sería mellor facer obras sen sufir as consecuencias, pero, dentro dunha orde, é o normal e obrigado. Por exemplo, hai alguén que sexa capaz de sufrir obras na propria casa sen literalmente, sufrilas? É preferible que se fagan no verán? É preferible que non se fagan? Xa entramos noutros razoamentos, pero as obras na rúa non se poden facer sen que se vexan e se note.
Outra cousa é que o xeito de facelas sexa bó, que tarden demasiado, etc. Sobre eso, si que se pode falar, o mesmo que sobre a conveniencia dos seus obxectivos, por exemplo.

Friday, May 28, 200409:14 p.m.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *