Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Fonte


Ameaza con chover. Na realidade, despois dunha tempada como a que levamos, non é ameaza ningunha: É necesario. Esta foto é da fonte que hai na Vila Vella. A auga da en xeral placidez. Entrando en Ribadeo dende Porto, se un se para é unha vista plácida que non se sabe cánto tempo estará así, obras da circunvalación mediante.
Noutros lugares próximos da costa as plantas invasivas ‘unlla de gato’ foron eliminadas por un método que está a levantar protestas aínda hoxe, meses despois de feito: parece que agora van ser remprazadas por outro tipo de plantas autóctonas, ‘herba de namorar’. Chegarán a tempo para que a costa non se desfaiga coas inclemencias do inverno?
Inverno tamén que se aproxima: na punta dos corvos, aí onde se pretende ver próximamente un criadeiro de polbo, ocorreu un accidente cunha percebiera. Alguén o interpretará como un presaxio do que lle espera a esa bisbarra unha vez o criadeiro en funcionamento, cousa que parece que vai adiante, a pesar da marcha que haberá mañá (ver adxunto).
Outras novas de Ribadeo son que Pinto e Chinto estiveron hoxe na Casa do Libro, e que fronte ás peticións de comercio (principalmente hoteleiro) e veciños, os taxistas (que teñen a praza de aparcamento segura) están de acordo co comezo das obras en San Francisco.
En Nova Orleáns, antes da chegada do novo ciclón, só con achegarse, xa causou filtracións nunha das barreiras reparadas. Noutros sitios, algunha xente voltou á súa casa despois de soportar colas dunha centea de quilómetros nunha autopista… e eso que o novo tifón diminuiu a súa potencia…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *