Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Radio Ruido


Hoxe vai o texto sen compañíia de foto: prefiro non poñela. Dede hai unha semana tratan de facer unha especie de caza do pardillo / fabricación da noticia á miña costa por un comunicado que se pode ler un pouco máis abaixo neste mesmo blog. Tan importante que nunha primeira noticia pasóuselle ó estrela radiofónica que potencia a caza, e só cando por casualidade o viu ó fondo da noticia nun periódico tentou de reescribir a nova. Mentres, eu sigo calado sobre o tema. Por certo, despois de dicir outras cousas, eu sigo ‘desaparecido’ segundo esa emisora: varios días por Ribadeo, o comezo das clases, etc. parecen non ser abondo para declararme ‘aparecido’.

Onte houbo pleno en Ribadeo: ver a resposta ás preguntas do Tesón sobre a circulación de bicis na zona peonil ou a apertura da casa da xuventude (que segundo parece se vai a remodelar antes de abrir!) colmou o vaso despois dunha longa intervención popular poñendo ó alcalde de volta e media en rogos e preguntas. De volta e media é un dicir, pois a cada novo rogo ou pregunta era unha nova volta e media.

Tamén onte o xulgado de Mondoñedo deixou vía libre para que Acuinor arrase o toxal en Meirengos… xa veremos por onde continúa esto.

E, en Alemaña, tratan de formar unha coalición sen os número un, Schroeder e Merkel, mentres Blair sofre algo parello ó que poño máis arriba, pero cun magnate (magnate ou mangante?) propietario dunha multinacional multimedia… en todos sitios cocen fabas.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *