Remato de comezar o blog e xa levo retraso: A exposición de Eduardo Baamonde, un clásico no verán Ribadense que presenta o noso Ribadeo cuns ollos mellores que o que nós mesmo vemos. Mellores non porque pinte cor de rosa, senón pola perspicacia da súa mirada, convertida en perspectiva diferente. A exposición, na vella oficina de turismo, a primeira quincena de agosto.
… O cadro que máis me gustaba de Ribadeo xa tiña o punto vermello de vendido.