{"id":942,"date":"2026-05-18T10:00:00","date_gmt":"2026-05-18T08:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=942"},"modified":"2026-05-12T10:55:23","modified_gmt":"2026-05-12T08:55:23","slug":"ir-a-misa-laica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2026\/05\/18\/ir-a-misa-laica\/","title":{"rendered":"Ir \u00e1 misa laica"},"content":{"rendered":"\n<p>En Ribadeo, dende hai uns tres anos, cada domingo cel\u00e9brase unha concentraci\u00f3n en contra das guerras. Uns d\u00edas con m\u00e1is xente, outros con menos. Entre amigos cham\u00e1moslle a misa laica porque se trata dunha reuni\u00f3n comunal na que se lle presta culto aos valores e principios que consideramos dignos de conservar. Ponse especial fincap\u00e9 en Palestina pero l\u00e9mbranse outras moitas terras que sofren o abuso e a tiran\u00eda de crueis dirixentes e empresarios sen escr\u00fapulos. Cada domingo, todos, sen falta. \u00c1s 12.30 ante a Casa do Concello, enfronte ao parque e a uns douscentos metros da igrexa parroquial.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai un grupi\u00f1o de organizadores que se fai cargo para que non se omita ningunha semana, para que non exista a posibilidade de que Palestina esvare cara ao esquecemento. Estas persoas gastan di\u00f1eiro, tempo e esforzo en pancartas, bandeiras, altofalantes e materiais varios cos que darlle visibilidade ao momento. Tr\u00e1tase de media hora que preparan con dedicaci\u00f3n na que expo\u00f1en argumentos de paz e rememoran o sufrimento daqueles aos que non se lles permite nin defenderse. Son un exemplo para as persoas que se inmobilizan ante tanta dor, son a mostra de como sempre se pode transformar a frustraci\u00f3n en acci\u00f3n, nunha acci\u00f3n non violenta que debido \u00e1 s\u00faa perseveranza e sensatez, est\u00e1 chea de sentido. Renderse non \u00e9 unha opci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Non sei o que pasa polas cabezas dos que asistimos \u00e1 misa laica. A ningu\u00e9n lle parece ben o trato que est\u00e1 a recibir o pobo palestino, ou cubano, ou o liban\u00e9s ou calquera cidad\u00e1n que habite un territorio en guerra ou se atope en pleno xenocidio. Mais non sei a que causas lle atrib\u00faen outros a estas guerras e xenocidios, se consideran que se trata de maldade humana ou de estratexia econ\u00f3mica, se pensan que o culpable \u00e9 o sistema ou se pola contra esperan acada un momento de paz sen cambiar o demais. <\/p>\n\n\n\n<p>Tampouco sei como de cerca senten o perigo, se o que experimentan \u00e9 a compaix\u00f3n do ollo alleo que observa o sufrimento humano na distancia ou se ven as\u00ed mesmos reflectidos como as seguintes v\u00edtimas dunha metodolox\u00eda que non co\u00f1ece a saciedade. Preg\u00fantome quen est\u00e1 al\u00ed para redimir a s\u00faa conciencia ou para achegar o seu gran de area, quen pensa a diario na desaparici\u00f3n de paz e amor, e quen se lembra ao ver as noticias. <\/p>\n\n\n\n<p><strong>Non \u00e9 moi relevante como chegamos al\u00ed, o importante \u00e9 aparecer e volver tantas veces como nos sexa posible.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\" \/>\n\n\n\n<p>Un dos \u00faltimos domingos compart\u00edn un poema. Unha noite de entre semana notei o peito inc\u00f3modo, sab\u00eda que era ansiedade pero non era capaz de identificar o que me estaba a incomodar. Cando me pasa isto escribo, e cando o barullo interno \u00e9 moi grande, escribo en verso. Ao comezar a escribir non sab\u00eda sobre que o estaba a facer. Deixei que a tinta cubrise o papel e esperei ata que a mensaxe se revelase soa. Resultou emerxer das emoci\u00f3ns que o co\u00f1ecemento dos xenocidios xera en min.<\/p>\n\n\n\n<p>Compartino, egoistamente, un domingo, pois sent\u00edn a necesidade de pronunciarme, de dicir algo do mellor xeito que sei facelo. De non ficar calada. E de procurar quen me escoitasen. Palestina somos todos. Somos v\u00edtimas esperando a ocupar o seu lugar, expectantes ante o fin do xenocidio, tratando de imaxinar un bo final e negando a posibilidade de que a devastaci\u00f3n avance. Palestina foi o comezo e n\u00f3s non podemos esperar. Xa est\u00e1n aqu\u00ed. Fannos mirar como masacran pobos e naci\u00f3ns para que aceptemos voluntariamente o control fr\u00edvolo da tecnolox\u00eda e a burocracia, para que nos conformemos cunha falsa democracia que pouco a pouco se transforma en feudalismo. Somet\u00e9monos aos asasinos do pobo palestino porque somos testemu\u00f1as do que son capaces de facer, e como crianzas indefensas, cremos que non hai alternativa.<\/p>\n\n\n\n<p>A iron\u00eda, e se cadra a esperanza, est\u00e1 en Palestina. Unha naci\u00f3n de crianzas indefensas que nos demostra que si se pode resistir ante a falta de valores e principios, ante a avaricia e o individualismo. A sociedade occidental precisa madurar, afrontar a responsabilidade que ten ante a situaci\u00f3n que est\u00e1 a permitir, e como m\u00ednimo, ha de pronunciarse, especialmente mentres esa \u00e9 unha posibilidade pois pode chegar o d\u00eda no que non se nos permita nin respirar. A cada intre, ese d\u00eda est\u00e1 m\u00e1is preto.<\/p>\n\n\n\n<p>Para que non leve o vento as palabras, deixo o poema escrito neste blog, coa promesa de que non sexa o \u00faltimo escrito no que me pronuncie. Todos temos a nosa forma de expresarnos, de contribu\u00edr \u00e1 loita. Tecer unha bandeira, debuxar un mural, recitar consignas, organizar \u00e1 xente, prestar o corpo e facelo presente. Todo vale, todo axuda. Todo, menos a inacci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\" \/>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">O poema<\/h2>\n\n\n\n<p>Imaxinade que sodes unha gaivota e sobrevoades a franxa de Gaza observando con atenci\u00f3n o que al\u00ed pasa. <\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Palabras brancas debuxadas<\/p>\n\n\n\n<p>na area dunha longa praia.<\/p>\n\n\n\n<p>A ouca e as penas, as cunchas,<\/p>\n\n\n\n<p>todas abandonadas.<\/p>\n\n\n\n<p>Non se oe o ch\u00edo dos paxaros<\/p>\n\n\n\n<p>rexouban as ondas entre as rochas,<\/p>\n\n\n\n<p>as estelas da luz da l\u00faa<\/p>\n\n\n\n<p>refl\u00edctense na auga e na escuma.<\/p>\n\n\n\n<p>Todo ocorre a gran velocidade.<\/p>\n\n\n\n<p>non \u00e9 natural,<\/p>\n\n\n\n<p>algo lle ocorre \u00e1 realidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Presos do tempo non atopamos freo<\/p>\n\n\n\n<p>e mentres, absorbemos todos os velenos.<\/p>\n\n\n\n<p>Son focos, son ru\u00eddos,<\/p>\n\n\n\n<p>non \u00e9 a calor morna do sol,<\/p>\n\n\n\n<p>nin do vento, se escoita o asub\u00edo.<\/p>\n\n\n\n<p>Onde foi parar a vida, <\/p>\n\n\n\n<p>nestes cami\u00f1os de po fr\u00edo?<\/p>\n\n\n\n<p>Palabras manchadas emborranchadas<\/p>\n\n\n\n<p>sobre o peito de cativos:<\/p>\n\n\n\n<p>famentos nunca co\u00f1eceron<\/p>\n\n\n\n<p>nin amor, nin paz, <\/p>\n\n\n\n<p>dende o mar ata o r\u00edo.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Dende o r\u00edo ata o mar, Palestina vencer\u00e1.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Ribadeo, dende hai uns tres anos, cada domingo cel\u00e9brase unha concentraci\u00f3n en contra das guerras. Uns d\u00edas con m\u00e1is xente, outros con menos. Entre amigos cham\u00e1moslle a misa laica porque se trata dunha reuni\u00f3n comunal na que se lle presta culto aos valores e principios que consideramos dignos de conservar. Ponse especial fincap\u00e9 en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":945,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-942","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/942","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=942"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/942\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":946,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/942\/revisions\/946"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/945"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=942"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=942"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=942"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}