{"id":891,"date":"2026-05-11T14:00:00","date_gmt":"2026-05-11T12:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=891"},"modified":"2026-05-08T16:32:33","modified_gmt":"2026-05-08T14:32:33","slug":"ideas-inxeniosas-sobre-a-cultura-libre-iii-un-chatbot-non-ten-conecemento-ten-conversacion-margarita-padilla","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2026\/05\/11\/ideas-inxeniosas-sobre-a-cultura-libre-iii-un-chatbot-non-ten-conecemento-ten-conversacion-margarita-padilla\/","title":{"rendered":"Ideas inxeniosas sobre a cultura libre (III): Un Chatbot non ten co\u00f1ecemento, ten conversaci\u00f3n -Margarita Padilla"},"content":{"rendered":"\n<p>Nas semanas anteriores escrib\u00edn sobre <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2026\/04\/22\/ideas-enxenosas-sobre-a-cultura-libre-i-intelixencia-artesanal\/\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2026\/04\/22\/ideas-enxenosas-sobre-a-cultura-libre-i-intelixencia-artesanal\/\">Intelixencia Artesanal<\/a> e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2026\/05\/04\/ideas-enxenosas-sobre-a-cultura-libre-ii-conecemento-operativo\/\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2026\/05\/04\/ideas-enxenosas-sobre-a-cultura-libre-ii-conecemento-operativo\/\">Co\u00f1ecemento Operativo<\/a>, conceptos que aprend\u00edn do coloquio que organizou <a href=\"https:\/\/fediverse.tv\/w\/4cudNySmn3oTnS34BGafQG\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/fediverse.tv\/w\/4cudNySmn3oTnS34BGafQG\">Enxe\u00f1er\u00eda Sen Fronteiras o 20 de abril en Santiago<\/a> e que non quer\u00eda que pasasen desapercibidos. Hoxe remato a entrega cunha cita de Margarita Padilla:<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>&#8220;El Chatbot no tiene conocimiento, tiene conversaci\u00f3n&#8221;<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>O co\u00f1ecemento non \u00e9 un conxunto de datos, nin \u00e9 elocuencia. O co\u00f1ecemento \u00e9 entendemento, comprensi\u00f3n, vai m\u00e1is al\u00e1 da l\u00f3xica pois esta forma parte del, non o engloba. As conversas son intercambios de palabras tras as cales acostuma a haber mensaxes mais a mi\u00fado o\u00edr \u00e1 xente falar e non dicir nada. Do mesmo xeito, o contido que xeran os grandes modelos de linguaxe ten informaci\u00f3n pero non co\u00f1ecemento, este ven despois de que se interprete, de que se reflexione sobre isto e se contrapo\u00f1a coa experiencia humana. Ten conversaci\u00f3n pois intercambiamos palabras coherentes, pero non ten co\u00f1ecemento porque non ten criterio. <\/p>\n\n\n\n<p>O criterio semella unha idea moralista para os destrutores da \u00e9tica. Con frecuencia tratan de definilo como unha amalgama de opci\u00f3ns que non son mellores nin peores e que cada quen escolle como se se tratase dun xeado. Dinnos que toda opini\u00f3n \u00e9 v\u00e1lida, a\u00ednda cando as opini\u00f3ns se emitan co fin de dobregar aos demais, de menosprezalos, ou mesmo de ignoralos. <\/p>\n\n\n\n<p>Hai modelos de linguaxe que est\u00e1n a ser dese\u00f1ados precisamente coa intenci\u00f3n de eliminar a identidade das mulleres a trav\u00e9s da cultura. Conversan, incluso ofrecen datos obxectivos, pero co\u00f1ecemento non te\u00f1en pois en canto se lles leva a contraria non poden argumentalos. Xeralmente, estes modelos tampouco detectan os seus erros nin admiten ignorancia polo que ou che dan a raz\u00f3n en todo ou te contrad\u00edn ata nas cuesti\u00f3ns m\u00e1is obvias. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">A conversa alivia a soidade temporalmente<\/h2>\n\n\n\n<p>Moitas profesionais da psicolox\u00eda advirten dos perigos de empregar estes modelos como terapia. O risco recae precisamente no matiz que Margarita Padilla saca \u00e1 luz. A intelixencia artificial d\u00e1che conversa pero non te ilumina, non che axuda a reflexionar nin a comprender o teu entorno. Alivia as t\u00faas horas de illamento, a frustraci\u00f3n por non entender o mundo cando semella absurdo, ofr\u00e9ceche unha orella&#8230; Mais non nos enganemos, non escoita. Responde o que estatisticamente considera que queres escoitar, non o que precisas o\u00edr, o que che poder\u00eda axudar a sa\u00edr dunha situaci\u00f3n de sufrimento mental ou espiritual. <\/p>\n\n\n\n<p>Para moitos este \u00e9 un exemplo extremo, por\u00e9n o engano no que caemos \u00e9 o mesmo que cando procuramos aprender con estes modelos de linguaxe co\u00f1ecementos dos cales non sabemos nada. Sentimos que nos est\u00e1 a proporcionar algo que nos falta. Informaci\u00f3n. Datos. Conceptos. Todo soa coherente, incluso m\u00e1is correcto que o que exp\u00f3n calquera experto. Pero non podemos ter confianza ningunha no que nos di, nin na interpretaci\u00f3n que xerou, nin nas raz\u00f3ns polas que a ofrece dese xeito&#8230; Non co\u00f1ecemos \u00e1 persoa que hai detr\u00e1s desa conversa polo que non podemos imaxinar os seus nesgos ou os seus obxectivos, as s\u00faas preocupaci\u00f3ns e inquedanzas, nada que nos axude a filtrar as s\u00faas palabras. Non a co\u00f1ecemos porque non existe. <\/p>\n\n\n\n<p>Se cadra un imax\u00ednase que a falta de humanidade, de sentimentos e emoci\u00f3ns, mellora o co\u00f1ecemento xa que deixa s\u00f3 a l\u00f3xica. Esa idea dualista e mecanizante do que \u00e9 o saber  estanos a levar por sendeiros crueis e inhabitables. Sen a intuici\u00f3n como comp\u00e1s \u00e9tico e reflexivo perd\u00e9monos en grandes abismos loxicistas que nos separan do mundo natural que nos sost\u00e9n e ao cal pertencemos. <\/p>\n\n\n\n<p>Existe unha falacia que di que o m\u00e9todo cient\u00edfico \u00e9 infalible, totalmente obxectivo, pois traballa coa seguridade dos par\u00e1metros medibles. Case todo pode ser trasladado a n\u00fameros, e os n\u00fameros poden ser analizados a fondo, ata a\u00ed concordo e aprecio o seu valor. Con todo, cando se d\u00e1 esta falacia \u00e9 porque se asume que os resultados num\u00e9ricos s\u00f3 te\u00f1en unha interpretaci\u00f3n posible. O certo \u00e9 que calquera resultado obtido dun estudo cient\u00edfico pasa polo filtro das persoas que investigan, pasa polas s\u00faas emoci\u00f3ns e polas s\u00faas experiencias de vida. \u00c1s veces, estes engaden erros de interpretaci\u00f3n, outras, atopan perspectivas que ningu\u00e9n m\u00e1is poder\u00eda ofrecer. Este \u00e9 un balance co que levamos d\u00e9cadas convivindo e o cal non deixa de tratarse dun deporte de equilibrismo. <\/p>\n\n\n\n<p>O que pasa coa intelixencia artificial \u00e9 que se presenta cunha face met\u00e1lica de obxectividade a cal engana a gran parte da poboaci\u00f3n. Os seus circu\u00edtos e as bater\u00edas que consume fanlle pensar ao usuario que detr\u00e1s hai un co\u00f1ecemento impoluto que non pode ser contaminado por erros de percepci\u00f3n ou por desexos persoais. Pese a que todo o que hai detr\u00e1s se trata de c\u00f3digo baseado na l\u00f3xica, non se pode ignorar o feito de que calquera creaci\u00f3n de contido que xurda dun gran modelo de linguaxe prov\u00e9n, non da sabedor\u00eda colectiva, sen\u00f3n da produci\u00f3n de contido colectiva, a cal non \u00e9 un co\u00f1ecemento filtrado. A falta de criterio por parte do modelo fai, por tanto, que a n\u00f3s nos ofreza resultados xen\u00e9ricos a costa de resultados precisos. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Se che gusta conversar, por que unha IA?<\/h2>\n\n\n\n<p>Se desexamos conversar \u00e9 moito mellor que busquemos unha persoa real para facelo, reduce a soidade de d\u00faas ao mesmo tempo e a sensaci\u00f3n \u00e9 moito m\u00e1is duradeira. <\/p>\n\n\n\n<p>Por outra banda, se o que desexamos \u00e9 buscar informaci\u00f3n rapidamente non vexo como un gran modelo de linguaxe axiliza m\u00e1is o proceso que unha tradicional procura nun motor como busca. Ao fin e ao cabo a precisi\u00f3n dos resultados vai ser semellante. Aprender a facer <em>prompts<\/em> que dea bos resultados ben sendo equivalente a empregar os m\u00e9todos de procura por <em>tesauros<\/em>, coa diferenza de que esta segunda opci\u00f3n gasta moita menos enerx\u00eda e evapora menos auga.  <\/p>\n\n\n\n<p>Para rematar s\u00f3 quero facer menci\u00f3n a un disco de Robe, m\u00e1is ben pola palabra que empregou para designalo que polo contido, a\u00ednda que me encante escoitalo en bucle: May\u00e9utica. Esta palabra resume a mellor forma de empregar a linguaxe.<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>La <strong><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/May%C3%A9utica\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/May%C3%A9utica\">may\u00e9utica<\/a><\/strong> es el m\u00e9todo aplicado por S\u00f3crates a trav\u00e9s del cual el maestro hace que el alumno, por medio de preguntas, descubra conocimientos.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Os grandes modelos de linguaxe fan moi poucas preguntas e as que fan pretenden extraer informaci\u00f3n de n\u00f3s, non guiarnos cara a unha aprendizaxe xenu\u00edna. Deixo a idea aqu\u00ed pois o artigo xa se alongou demasiado, mais gustar\u00edame que facervos unha pregunta: <\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Como cres que \u00e9 o cami\u00f1o que desexas percorrer para chegar ao co\u00f1ecemento que procuras?<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nas semanas anteriores escrib\u00edn sobre Intelixencia Artesanal e Co\u00f1ecemento Operativo, conceptos que aprend\u00edn do coloquio que organizou Enxe\u00f1er\u00eda Sen Fronteiras o 20 de abril en Santiago e que non quer\u00eda que pasasen desapercibidos. Hoxe remato a entrega cunha cita de Margarita Padilla: &#8220;El Chatbot no tiene conocimiento, tiene conversaci\u00f3n&#8221; O co\u00f1ecemento non \u00e9 un conxunto [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":934,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[54,99,107,100,163,164,1,104,53],"tags":[60,57,102,161,160,55],"class_list":["post-891","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bencomun","category-ciencia","category-cultura","category-enxeneria","category-inteligencia-artificial","category-intelixencia-artificial","category-sen-categoria","category-tecnodiversidade","category-tecnoloxia","tag-anticapitalismo","tag-bencomun","tag-cultura","tag-inteligencia-artificial","tag-intelixencia-artificial","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/891","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=891"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/891\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":939,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/891\/revisions\/939"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/934"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=891"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=891"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=891"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}