{"id":889,"date":"2026-05-04T20:00:00","date_gmt":"2026-05-04T18:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=889"},"modified":"2026-04-30T19:19:09","modified_gmt":"2026-04-30T17:19:09","slug":"ideas-enxenosas-sobre-a-cultura-libre-ii-conecemento-operativo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2026\/05\/04\/ideas-enxenosas-sobre-a-cultura-libre-ii-conecemento-operativo\/","title":{"rendered":"Ideas enxe\u00f1osas sobre a cultura libre (II): Co\u00f1ecemento Operativo"},"content":{"rendered":"\n<p>No artigo anterior desta serie de tres, desenvolv\u00edn o concepto de Intelixencia Artesanal como unha alternativa de aprendizaxe que temos dispo\u00f1ible e que precisamos recuperar. Neste tratarei a idea de <em>Co\u00f1ecemento Operativo, <\/em>a cal pode perfectamente ir da man da primeira.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante a <a href=\"https:\/\/fediverse.tv\/w\/4cudNySmn3oTnS34BGafQG\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/fediverse.tv\/w\/4cudNySmn3oTnS34BGafQG\">charla-coloquio sobre &#8220;Aprendizaxe e Intelixencia Artificial&#8221;<\/a>, Laura P\u00e9rez trouxo sobre a mesa o concepto de <em>Co\u00f1ecemento Operativo<\/em> nun intento de verbalizar as competencias m\u00ednimas que precisa calquera profesional \u00e1 hora de iniciarse na s\u00faa carreira laboral. Na s\u00faa experiencia como educadora de Formaci\u00f3n Profesional atopouse coa repetici\u00f3n dun argumento: <em>se temos toda a informaci\u00f3n \u00e1 un clic de distancia, para que se precisa memorizar?<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>A premisa ten as s\u00faas capas. Por unha banda \u00e9 certo que a necesidade de acumular datos na nosa mente para dispor deles en calquera momento non \u00e9 a mesma que fai cincuenta anos pois comprobar o valor dunha constante ou a equivalencia de unha medida p\u00f3dese facer facilmente botando a man ao peto. Incluso, xa non \u00e9 necesario co\u00f1ecer todos os pasos de un proceso xa que as receitas, sexan de coci\u00f1a ou de outros saberes, acostuman a replicarse de maneira infinita no Internet.<\/p>\n\n\n\n<p>Mais, como acostuma a ocorrer coa maior\u00eda das cousas complexas, nos detalles est\u00e1 o asunto. Se non asimilamos de forma segura ning\u00fan dato ou definici\u00f3n ficamos valeiros de co\u00f1ecemento co que contrastar toda esa informaci\u00f3n da que dispo\u00f1emos. A cantidade \u00e9 excesiva para calquera ser humano, pero para aquelas persoas que nunca aprenderon a navegar por mares de contas e desertos de texto, o reto \u00e9 a\u00ednda maior. <\/p>\n\n\n\n<p>O <em>Co\u00f1ecemento Operativo<\/em> \u00e9 unha base da que partir coa que sempre se pode contar como filtro, como f\u00edo principal para o tecido do noso pensamento cr\u00edtico. Canto maior sexa ese <em>Co\u00f1ecemento Operativo<\/em> mellor ser\u00e1 o filtrado e menores as posibilidades de sermos enganados. Por suposto que todos podemos equivocarnos, e far\u00e9molo incontables veces pois \u00e9 unha parte necesaria da aprendizaxe, pero considerando a proliferaci\u00f3n de medios de comunicaci\u00f3n propagand\u00edsticos e de movementos negacionistas, a capacidade de discernir entre o que \u00e9 certo e o que non, nunca \u00e9 suficiente.<\/p>\n\n\n\n<p>G\u00fastame a idea de establecer os requirimentos m\u00ednimos do <em>Co\u00f1ecemento Operativo<\/em> porque permite valorar certos esforzos que moitos aprendices non acaban de comprender. Se non apreciamos o co\u00f1ecemento integrado semella que podemos ser creadores empregando a \u00faltima ferramenta tecnol\u00f3xica dispo\u00f1ible. A realidade af\u00e1stase moito delo, pois como moito podemos ser produtores, se cadra altamente produtivos, pero ao fin e ao cabo, unha simple engrenaxe. E a\u00ednda no mellor dos casos, no suposto de que a produtividade fose suficiente, atopar\u00edamonos constantemente \u00e1 merc\u00e9 de outros, asumindo a responsabilidade de erros alleos transmitidos a trav\u00e9s desas c\u00f3modas ferramentas e afrontando as s\u00faas consecuencias sen sequera comprender onde erramos.<\/p>\n\n\n\n<p>O erro mostrar\u00edase evidente, pero a mostra estar\u00eda no pasado, nese momento no que desprezamos a necesidade dun <em>Co\u00f1ecemento Operativo<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Adquirilo<\/h2>\n\n\n\n<p>E como se adquire o <em>Co\u00f1ecemento Operativo<\/em>? Lamentablemente non hai maneira elegante ou apetecible de facelo. A volta a m\u00e9todos tradicionais de aprendizaxe \u00e9 indispensable prescindindo na medida do posible da dixitalizaci\u00f3n da educaci\u00f3n e tom\u00e1ndose tempo para pasar p\u00e1xinas e sacarlle punta ao lapis. <\/p>\n\n\n\n<p>Lembro unha historia que me contaba meu av\u00f3 e me repet\u00eda moito cando comecei a empregar a calculadora no instituto. Meu av\u00f3, quen fora \u00e1 escola o xusti\u00f1o, principalmente de noite e no seu tempo libre, desenvolvera un gusto polas matem\u00e1ticas que nunca deixou de cultivar. Consegu\u00eda facer contas de memoria a gran velocidade e atopaba xeito de resolver calquera problema diario relacionado cos n\u00fameros. Incluso, nos meus anos de educaci\u00f3n primaria ti\u00f1amos como entretemento facermos multiplicaci\u00f3ns de d\u00faas cifras mentalmente e compet\u00edamos a ver quen a sacaba antes. Sempre me ga\u00f1ou el.<\/p>\n\n\n\n<p>A finais dos anos 80, un t\u00edo meu, e fillo del, comezou os estudos de enxe\u00f1er\u00eda inform\u00e1tica facendo que se mercara daquela a primeira calculadora da casa. Podes imaxinar a curiosidade que isto lle xerou ao meu av\u00f3 quen o\u00edra falar daqueles aparatos pero nunca empregara un. A\u00ednda coa ilusi\u00f3n de poder experimentar con el, o primeiro que fixo ao collelo foi facer unha serie de operaci\u00f3ns as cales el resolv\u00eda mentalmente e as\u00ed comprobaba a fiabilidade da tecnolox\u00eda. <\/p>\n\n\n\n<p>Se cadra semella ser o escepticismo dun ludita desconfiado, e en parte as\u00ed era, por\u00e9n esa comprobaci\u00f3n que hoxe non nos parece necesaria no caso dunha calculadora, resulta moito m\u00e1is relevante no caso da intelixencia artificial xenerativa. Falamos dunha tecnolox\u00eda que non advirte da s\u00faa inseguridade e que non treme ao mentir xa que \u00e9 incapaz de discernir entre as alucinaci\u00f3ns que acertan e as alucinaci\u00f3ns que fallan. Todo resultado que ofrece \u00e9 pura casualidade pois falamos de modelos estad\u00edsticos que non comprenden a raz\u00f3n dos seus resultados, e n\u00f3s como usuarios (e incluso os propios creadores da ferramenta), somos incapaces de acceder aos mecanismos que empregan. <\/p>\n\n\n\n<p>Se meu av\u00f3 non houbese asistido a clases nocturnas de matem\u00e1ticas cando ti\u00f1a 21 anos, probablemente non houbese desenvolto o co\u00f1ecemento necesario para cuestionarse o funcionamento da nova calculadora do seu fillo. Por sorte, as calculadoras non ve\u00f1en programadas cunha axenda particular que representa os intereses econ\u00f3micos e pol\u00edticos de quen as vende, por\u00e9n sabemos que esa non \u00e9 a situaci\u00f3n que vivimos agora. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Ignorancia Adaptativa?<\/h2>\n\n\n\n<p>Nun mundo no que todo o co\u00f1ecemento est\u00e1 ao noso alcance precisamos botar man da ignorancia como gu\u00eda. A ignorancia \u00e9 unha cuesti\u00f3n que xera preocupaci\u00f3n a todo o mundo, tam\u00e9n \u00e1 xuventude que emprega a intelixencia artificial para facer as s\u00faas tarefas. De feito, considero que a maior\u00eda do estudantado emprega calquera m\u00e9todo ao seu alcance co fin de reducir o erro, esa manifestaci\u00f3n de ignorancia que ten moi mala fama. A vagancia non o \u00e9 todo, non se trata s\u00f3 de aforrar tempo de traballo, no exercicio dunha educaci\u00f3n que prima o un sistema de recompensa-castigo, o alumnado procura evitar este \u00faltimo a toda costa. <\/p>\n\n\n\n<p>Se o que avaliamos son os resultados, \u00e9 normal que a xuventude se centre s\u00f3 neles. O proceso de aprendizaxe, especialmente se \u00e9 a un ritmo diferente ao demandado nun preciso momento, non est\u00e1 a ser a prioridade da educaci\u00f3n polo que os pupilos e pupilas non te\u00f1en raz\u00f3n ningunha como para dedicarlle tempo e esforzo. Pola contra, se ofrecen bos resultados, a\u00ednda sendo acadados coa trampa ou coa axuda dunha ferramenta novedosa, reciben a recompensa prometida. <\/p>\n\n\n\n<p>Foi escribindo este artigo que se me pasou pola cabeza a idea da <em>Ignorancia Adaptativa<\/em>. Non estou moi conforme co termo, a\u00ednda preciso darlle unha pensada, se cadra algunha persoa lectora me axuda. A <em>Ignorancia Adaptativa<\/em> ser\u00eda, \u00e9, na mi\u00f1a cabeza, esa ignorancia da que somos conscientes e que nos asiste durante o proceso de aprendizaxe. \u00c9 esa lagoa de co\u00f1ecemento que se presenta ante n\u00f3s e que nos mostra unha necesidade particular de aprendizaxe. \u00c9 a pregunta que xorde cando menos o esperamos e fica irritante tras da orella. \u00c9 a explicaci\u00f3n que non temos para unha premisa que asumimos como verdade pero para a cal non podemos ofrecer xustificaci\u00f3n l\u00f3xica. Todo \u00e9 ignorancia, falta de co\u00f1ecemento, un abismo na aprendizaxe que ameaza a supervivencia e autonom\u00eda do ser humano que a sost\u00e9n. Por\u00e9n, ao mesmo tempo, \u00e9 o comp\u00e1s co que podemos navegar polo inmenso oc\u00e9ano de informaci\u00f3n que nos afoga. <\/p>\n\n\n\n<p>Precisamos valorar as preguntas que evidencian a ignorancia como unha mostra de aprendizaxe e non como un fallo nos resultados esixidos. Poida que non precisemos preocuparnos tanto por se o estudantado emprega modelos de linguaxe se o que medimos \u00e9 a participaci\u00f3n na s\u00faa propia educaci\u00f3n. Por suposto, isto \u00e9 un reto para calquera persoa educadora da formaci\u00f3n regrada xa que se ve inmersa nun sistema que non favorece esta perspectiva. A \u00fanica alternativa que lle queda \u00e9 a rebeli\u00f3n: tomar iniciativa e ir en contra do que a administraci\u00f3n pide co fin de non renderse ela mesma nin ceder o alumnado \u00e1 m\u00e1quina capitalista a cal pretende facer do corpo xuvenil, un ap\u00e9ndice m\u00e1is co que producir, inhabilitando a mente que non s\u00f3 reside nel, sen\u00f3n que pertence a el e o conforma. <\/p>\n\n\n\n<p>No artigo anterior mencionei a coherencia. Agora po\u00f1o sobre a mesa o dereito \u00e1 rebeli\u00f3n. Todos temos dereito a tomar acci\u00f3n cando se produce unha inxustiza, cando se nos est\u00e1 violentando a\u00ednda se non se fai por m\u00e9todos f\u00edsicos. Do mesmo xeito que a coherencia carrexa dificultades e esixe esforzo, a rebeli\u00f3n demanda coraxe e acomp\u00e1\u00f1ase de riscos. Conv\u00e9rtese daquela nunha decisi\u00f3n persoal posto que as consecuencias tam\u00e9n o ser\u00e1n, mais ningu\u00e9n pode negar a necesidade dun cambio de paradigma que lle permita ao ser humano desenvolverse en plenitude. As xaulas de ouro non son m\u00e1is que barras met\u00e1licas que constri\u00f1en o noso crecemento e nos impiden axudarlle a outros a medrar. Brillan con fermosura, pero son exactamente igual de asfixiantes que as de ferro. A iron\u00eda \u00e9 que sigamos a debater se merece a pena ou non liberarse delas. <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No artigo anterior desta serie de tres, desenvolv\u00edn o concepto de Intelixencia Artesanal como unha alternativa de aprendizaxe que temos dispo\u00f1ible e que precisamos recuperar. Neste tratarei a idea de Co\u00f1ecemento Operativo, a cal pode perfectamente ir da man da primeira. Durante a charla-coloquio sobre &#8220;Aprendizaxe e Intelixencia Artificial&#8221;, Laura P\u00e9rez trouxo sobre a mesa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":895,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[54,99,20,148,31,107,100,32,30,163,164,1,53],"tags":[60,57,58,22,102,48,25,161,160,55],"class_list":["post-889","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bencomun","category-ciencia","category-comunicacion","category-conciencia-de-clase","category-consciencia","category-cultura","category-enxeneria","category-filosofia","category-humanidad","category-inteligencia-artificial","category-intelixencia-artificial","category-sen-categoria","category-tecnoloxia","tag-anticapitalismo","tag-bencomun","tag-capitalismo","tag-comunicacion","tag-cultura","tag-filosofia-2","tag-humanidade","tag-inteligencia-artificial","tag-intelixencia-artificial","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/889","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=889"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/889\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":926,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/889\/revisions\/926"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/895"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=889"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=889"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=889"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}