{"id":877,"date":"2026-04-22T21:40:47","date_gmt":"2026-04-22T19:40:47","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=877"},"modified":"2026-04-27T10:10:42","modified_gmt":"2026-04-27T08:10:42","slug":"ideas-enxenosas-sobre-a-cultura-libre-i-intelixencia-artesanal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2026\/04\/22\/ideas-enxenosas-sobre-a-cultura-libre-i-intelixencia-artesanal\/","title":{"rendered":"Ideas enxe\u00f1osas sobre a cultura libre (I): Intelixencia Artesanal"},"content":{"rendered":"\n<p>Non quer\u00eda que o co\u00f1ecemento compartido do \u00faltimo mes ficase no aire ou estancado nun repositorio cheo de videos, por iso decid\u00edn crear un post con elo, porque cando repetimos o co\u00f1ecemento pouco a pouco vaise convertendo en cultura xeral.<\/p>\n\n\n\n<p>Da intenci\u00f3n dun artigo sa\u00edron tres que corresponden a tres conceptos os cales me foron resultando interesantes polo que expresan ou polo que sintetizan. A mi\u00fado indign\u00e1monos pola ignorancia coa que se enfocan certos temas e a \u00e9tica da tecnolox\u00eda non \u00e9 unha excepci\u00f3n. A polarizaci\u00f3n, a inmediatez ou a desconfianza fan a comunicaci\u00f3n cada vez m\u00e1is dif\u00edcil. As\u00ed \u00e9 que atopar formas fermosas ou impactantes de comunicar a sabedor\u00eda coa que poder\u00edamos vivir en sociedade non \u00e9 trivial, sen\u00f3n urxente.<\/p>\n\n\n\n<p>Estou segura que calquera das tres mulleres que me transmitiron estas ideas estar\u00edan encantadas de que as empregarades na vosa vida diaria, nesas conversas nas que acabades coa paciencia ao vervos esgotadas ante a necidade coa que moitos afrontan a crise cultural que experimentamos.<\/p>\n\n\n\n<p>Estas tres reflexi\u00f3ns apelan a diferentes \u00e1reas ou enfoques da tecnolox\u00eda e da s\u00faa repercusi\u00f3n na cultura mentres que xogan todas a favor cara a imaxinar un futuro m\u00e1is amable. Para este primeiro artigo escoll\u00edn tratar o concepto de <em>Intelixencia Artesanal<\/em>. Unha intelixencia anterior \u00e1 artificial e que hoxe se mostra imprescindible m\u00e1is que nunca.<\/p>\n\n\n\n<p>Notaredes que emprego mai\u00fasculas para referirme a este fermoso termo mentres que reduzo a min\u00fasculas a intelixencia artificial (a cal, a efectos deste artigo, ser\u00e1 sempre xenerativa, \u00e9 dicir, grandes modelos de linguaxe). Esta \u00e9 unha decisi\u00f3n consciente porque me gustar\u00eda que polo menos durante o tempo que lle leve \u00e1 lectora rematar este curto texto, se tome en serio e se centre no que a Intelixencia Artesanal sup\u00f3n para todos n\u00f3s.<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\" \/>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Intelixencia Artesanal<\/h2>\n\n\n\n<p>Elena Romero, ciberactivista de Honduras, membra de <em><a href=\"https:\/\/barracondigital.org\/\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/barracondigital.org\/\">Barrac\u00f3n Digital <\/a><\/em>e colaboradora con numerosas organizaci\u00f3ns pola defensa dos dereitos humanos, fala sobre a necesidade de conectar as mans e o cerebro. A aprendizaxe \u00e9 un proceso moi complexo que o ser humano desenvolve ao longo de moito tempo e de xeitos moi diferentes. Esta \u00faltima apreciaci\u00f3n, considero, \u00e9 esencial para comprender por que precisamos recordar as vellas t\u00e9cnicas artesanais, esas outras tecnolox\u00edas que deixamos atr\u00e1s pero que nos axudaron sempre na adquisici\u00f3n de habilidades. O emprego da intelixencia artificial na educaci\u00f3n, o exceso de pantallas e a dixitalizaci\u00f3n de absolutamente todo tipo de aprendizaxe est\u00e1 a xogar na nosa contra pois esquecemos prestarlle atenci\u00f3n \u00e1 experimentaci\u00f3n f\u00edsica do co\u00f1ecemento.<\/p>\n\n\n\n<p>A aprendizaxe temper\u00e1 do ser humano bas\u00e9ase na imitaci\u00f3n, no modelado de condutas que observamos e na repetici\u00f3n de acci\u00f3ns f\u00edsicas nas que fomos instru\u00eddas. Poida que unha vez obtemos un certo nivel de co\u00f1ecemento, unha vez que o noso pensamento cr\u00edtico e as nosas capacidades acadaron certa plenitude, daquela podemos iniciar a aprendizaxe pola v\u00eda te\u00f3rica exclusiva, e a\u00ednda as\u00ed, haber\u00eda que reco\u00f1ecer os seus l\u00edmites. A contraposici\u00f3n dos conceptos de intelixencia artificial e <em>Intelixencia Artesanal <\/em>par\u00e9ceme brillante. Non se trata de menosprezar a primeira, consiste en admitir a necesidade da segunda.<\/p>\n\n\n\n<p>Penso que pasamos demasiado tempo discutindo de se a intelixencia artificial \u00e9 \u00fatil ou non, cando o certo \u00e9 que esa non \u00e9 a cuesti\u00f3n. A\u00ednda que ata o propio <a href=\"https:\/\/www.techradar.com\/ai-platforms-assistants\/microsoft-ceo-urges-ai-developers-to-get-to-a-point-where-we-are-using-this-to-do-something-useful-or-lose-even-the-social-permission-to-generate-these-tokens\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/www.techradar.com\/ai-platforms-assistants\/microsoft-ceo-urges-ai-developers-to-get-to-a-point-where-we-are-using-this-to-do-something-useful-or-lose-even-the-social-permission-to-generate-these-tokens\">CEO de Microsoft est\u00e1 preocupado de que non atopan xustificaci\u00f3n algunha para o seu emprego<\/a>, o que considero verdadeiramente interesante \u00e9 cuestionarnos se nos podemos permitir empregala, se o seu uso \u00e9 a todas luces lex\u00edtimo. Non se pode extraer un \u00fanico aspecto dunha tecnolox\u00eda, neste caso a s\u00faa utilidade, para discutir o seu valor en totalidade. Precisamos ter sempre en conta as s\u00faas consecuencias, pois levamos miles de anos vivindo sen os seus beneficios e seremos n\u00f3s os que viviremos cos seus efectos negativos irremediablemente. Ningu\u00e9n pode negar que a intelixencia artificial ten graves repercusi\u00f3ns no desenrolo e mantemento das nosas capacidades cognitivas ademais de que \u00e9 a causa dun retroceso na xesti\u00f3n da crise clim\u00e1tica. Polo tanto, a s\u00faa utilidade \u00e9 a cuesti\u00f3n menos relevante nestes momentos, o realmente cr\u00edtico son os seus resultados nocivos.<\/p>\n\n\n\n<p>Pola contra, a <em>Intelixencia Artesanal<\/em> proporci\u00f3nanos non s\u00f3 co\u00f1ecemento t\u00e9cnico, sen\u00f3n que exercitamos a intuici\u00f3n ao crear conexi\u00f3ns nerviosas entre o noso cerebro e os nosos m\u00fasculos. Tr\u00e1tase de aprender co corpo.<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\" \/>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Aprender co corpo<\/h2>\n\n\n\n<p>Penso que hoxe en d\u00eda calquera escoitou falar da desconexi\u00f3n que sofre o ser humano en relaci\u00f3n \u00e1 natureza, a que o rodea \u00e9 a s\u00faa propia. Este \u00faltimo caso \u00e9 ao que fai referencia iso de &#8220;aprender co corpo&#8221;. O dualismo de mente e corpo f\u00edxonos crer que podemos separar a mente (xunto co raciocinio) do corpo ( e as emoci\u00f3ns), lev\u00e1ndonos a estados de inconsciencia, incluso en alerta, que se afastan moito da l\u00f3xica e do co\u00f1ecemento. Recuperar esa conexi\u00f3n co corpo a trav\u00e9s da <em>Intelixencia Artesanal<\/em> \u00e9 un cami\u00f1o de resistencia ao tempo que nos protexe dos ataques aos que as grandes empresas tecnol\u00f3xicas nos someten. Este vello tipo de aprendizaxe perm\u00edtenos desenvolver as nosas capacidades dentro dun equilibrio medioambiental e cognitivo. Non contamina o noso entorno e non contamina as nosas cabezas.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Intelixencia para a resistencia<\/h2>\n\n\n\n<p>Compre definir ben aquilo contra o que resistimos para as\u00ed poder actuar acorde. A mi\u00fado caemos en inconsistencias porque o sistema nos empurra a facelo, e outras moitas esas inconsistencias acept\u00e1molas e escus\u00e1molas porque nos resulta m\u00e1is c\u00f3modo. Hai uns d\u00edas, <a href=\"https:\/\/www.theguardian.com\/technology\/2026\/apr\/21\/palantir-manifesto-uk-contract-fears-mps\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/www.theguardian.com\/technology\/2026\/apr\/21\/palantir-manifesto-uk-contract-fears-mps\">Alex Karp, o CEO de Palantir, expo\u00f1\u00eda un manifesto que se asemellaba moito \u00e1s ameazas dun supervil\u00e1n.<\/a> Vi\u00f1a a dicir que o desenrolo de intelixencia artificial est\u00e1 dirixido cara \u00e1 proliferaci\u00f3n de armas e que o contrario \u00e9 inevitable. Considerando que Palantir est\u00e1 fundada por un dos homes m\u00e1is ricos do mundo e ten o respaldo do pa\u00eds m\u00e1is poderoso, non deber\u00eda ser dif\u00edcil definir o obxectivo da nosa resistencia.<\/p>\n\n\n\n<p>E con todo, o debate persiste. En Espa\u00f1a, son poucas as persoas que considerar\u00edan vivir nunha sociedade que permita levar armas a calquera cidad\u00e1n como si o fai a estadounidense. E no entanto, discutimos de usos lex\u00edtimos da intelixencia artificial no seu emprego cotidiano. Do mesmo xeito que nos prantexamos as limitaci\u00f3ns do emprego de armas temos que dubidar da intelixencia artificial. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Un tema de coherencia<\/h2>\n\n\n\n<p>Escoito da boca de Elena Romero o concepto de <em>Intelixencia Artesanal <\/em>no contexto dunha semana centrada no software e a cultura libre. Estou rodeada de persoas que apoian o emprego de ferramentas dixitais libres e procuran mellorar a nosa relaci\u00f3n coa tecnolox\u00eda creando e promovendo alternativas \u00e9ticas a esas que proporcionan as grandes empresas. Procuran daquela ofrecer soberan\u00eda dixital e tecnol\u00f3xica \u00e1 toda a poboaci\u00f3n e, en especial, \u00e1 que resiste.<\/p>\n\n\n\n<p>Por suposto, o constante debate sobre a intelixencia artificial non puido ser evitado, e de novo caeu con m\u00e1is frecuencia do que a min me gustar\u00eda sobre a cuesti\u00f3n da s\u00faa utilidade. Non por iso se deixaron de lado as cuesti\u00f3ns \u00e9ticas, a\u00ednda que, penso, se cometeu un erro de l\u00f3xica ao propo\u00f1er os modelos de intelixencia artificial libres como unha opci\u00f3n que pode limpar as nosas conciencias. Persoalmente, non vexo que esa alternativa alivie os seus efectos nocivos.<\/p>\n\n\n\n<p>Cando substitu\u00edmos un procesador de texto maligno e comezamos a empregar LibreOffice estamos a facer un cambio que ten consecuencias na estrutura social, no tecido econ\u00f3mico e no balance de poderes, mais digamos que fica nese cosmos ficticio que rexe a nosa sociedade. Non por ser ficticio \u00e9 menos real, por\u00e9n, no caso da intelixencia artifical temos un nivel m\u00e1is sobre o que traballar, un grado de preocupaci\u00f3n engadido ao que prestarlle atenci\u00f3n: o seu efecto directo no mundo f\u00edsico. O seu emprego non s\u00f3 afecta \u00e1 sociedade e a organizaci\u00f3n da mesma, tam\u00e9n afecta ao medioambiente que soporta a vida, \u00e9 dicir, o aire que respiramos, a auga que bebemos e a terra que cultivamos. Todo elo, independentemente de se \u00e9 software privativo ou libre. Non se trata de usar intelixencia artificial de c\u00f3digo aberto ou soportada por unha infraestrutura p\u00fablica, pois de pouco nos servir\u00eda se a tecnolox\u00eda en si mesma se basea en consumir recursos dos que non dispo\u00f1emos. Podemos traer \u00e1 discusi\u00f3n modelos executados localmente que consomen menos enerx\u00eda ou tipos de intelixencia artificial que non precisan adestramentos tan custosos, mais nunca poder\u00edamos permitir un chatbot ou un axente que interact\u00faa cun LLM (grandes modelos de linguaxe).<\/p>\n\n\n\n<p>Durante unha das s\u00faas intervenci\u00f3ns, Elena Romero describiu a s\u00faa posici\u00f3n como radical xa que considera que fuxir do emprego da intelixencia artificial \u00e9 &#8220;un tema de coherencia&#8221;. Argum\u00e9ntao sinxela pero contundentemente ao explicar a situaci\u00f3n na que se atopa o seu entorno. Di que lle resulta dif\u00edcil defender o seu uso cando unha ve a diario o espolio e a explotaci\u00f3n da t\u00faa terra e da t\u00faa xente. A s\u00faa posici\u00f3n \u00e9, de certo, radical, pero non como unha opini\u00f3n extremista o pode ser, sen\u00f3n como a an\u00e1lise profunda dunha problem\u00e1tica que pretende ir \u00e1 ra\u00edz da cuesti\u00f3n. L\u00e9mbrame a iso que din de &#8220;ningu\u00e9n ser\u00e1 libre ata que todos sexamos libres&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<p>A coherencia \u00e9 a forma m\u00e1is radical de resistencia pois ap\u00e1rtate do control que o poder pretende exercer sobre ti. Por suposto que contin\u00faas exposta \u00e1 violencia coa que o poder arremete, mais esta tam\u00e9n se ve reducida, en particular no caso daqueles que empregan as tecnolox\u00edas da comunicaci\u00f3n como arma para desmontar o noso pensamento cr\u00edtico, a nosa intelixencia. <\/p>\n\n\n\n<p>Regresar \u00e1 Intelixencia Artesanal \u00e9 unha necesidade, especialmente, se o que pretendemos \u00e9 resistir. Escribir a man, debuxar no papel, moldear o barro ou esculpir a madeira. Cultivar, coidar e crear. Conectar a mente coas mans e experimentar, alg\u00fan d\u00eda, iso que vai m\u00e1is al\u00e1 da intelixencia: a sabedor\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\" \/>\n\n\n\n<p>Nas pr\u00f3ximas semanas ir\u00e1n sa\u00edndo os outros dous artigos. No seguinte aproveitarei a desenrolar o concepto de <em>co\u00f1ecemento operativo, <\/em>que nos presentou Laura P\u00e9rez na <a href=\"https:\/\/fediverse.tv\/w\/4cudNySmn3oTnS34BGafQG\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/fediverse.tv\/w\/4cudNySmn3oTnS34BGafQG\">charla-coloquio sobre &#8220;Aprendizaxe e Intelixencia Artificial&#8221;<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non quer\u00eda que o co\u00f1ecemento compartido do \u00faltimo mes ficase no aire ou estancado nun repositorio cheo de videos, por iso decid\u00edn crear un post con elo, porque cando repetimos o co\u00f1ecemento pouco a pouco vaise convertendo en cultura xeral. Da intenci\u00f3n dun artigo sa\u00edron tres que corresponden a tres conceptos os cales me foron [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":902,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[54,99,20,46,148,31,89,107,32,30,163,164,1,53],"tags":[60,57,22,48,25,161,160,162,55],"class_list":["post-877","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bencomun","category-ciencia","category-comunicacion","category-comunidad","category-conciencia-de-clase","category-consciencia","category-contaminacion-ambiental","category-cultura","category-filosofia","category-humanidad","category-inteligencia-artificial","category-intelixencia-artificial","category-sen-categoria","category-tecnoloxia","tag-anticapitalismo","tag-bencomun","tag-comunicacion","tag-filosofia-2","tag-humanidade","tag-inteligencia-artificial","tag-intelixencia-artificial","tag-tecnologia","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/877","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=877"}],"version-history":[{"count":15,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/877\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":903,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/877\/revisions\/903"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/902"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=877"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=877"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=877"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}